domingo, 26 de febrero de 2017

ENTROIDO

E chegou o ENTROIDO. 
Este ano , e continuando co proxecto da biblioteca, cada curso escolleu unha marabilla para traballar e disfrazarse no entroido decoramos o  estandarte, : Muralla China, Coliseum, Taj Mahal, Chichen Itzá,Machu Pichu, O Cristo de Corcobado e Petra.
E comenzou o desfile polo entorno do colexio en San Miguel de Oia. Pasámolo fenomenal e á volta, degustamos as sobremesas típicas desta festa aportadas polas familias.
Se queredes ver os disfraces, mirade o vídeo. 
Tamén podedes visitar o blogue de Primaria e de Educación Infantil.





viernes, 24 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe , 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro. No noso cole, tamén. Cúmplese o 179 aniversario do seu nacemento. Por iso  decidimos festexar  primeiro cun fermoso poema 

Has de cantar
que che hei de dar zonchos
has de cantar
que che hei de dar moitos

   «Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

   Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

   Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

   Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.

   Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces,
¡que ricas que saben!

   ¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro.

   Canta si queres,
rapaza do demo;
canta si queres,
dareiche un mantelo.

   E cunha rosa na man, cantamos "Adiós ríos adiós fontes". 
Mirade o video.

martes, 21 de febrero de 2017

EXPOSICIÓN DAS MARABILLAS NO PORCHE DO COLEXIO

No porche do colexio habilitouse un espazo para facer unha exposición de todas as marabillas que os nenos e nenas foran facendo ao longo do curso. 
Esta semana temos tamén un guerreiro de Terracota que é o meco deste entroido e vai dando as ordes de toda a semana:
O luns se queres ir ao colliseo, debes traer un pareo.
O martes para pasear na muralla, trae un xersei de moita talla.
O mércores trae un chal, se queres ir o Taj Mahal.
O xoves , o último día,unha rosa por Rosalía.
Estamos en Febreiro e xa está chea de marabillas!
Menudo traballo!! Mirade!

martes, 14 de febrero de 2017

martes, 7 de febrero de 2017

SABÍAS QUE....

Disney inspirouse no Taj Mahal para crear o palacio do

sultán  na película de de Aladdín?



TAJ MAHAL

E continuamos con esta marabilla arquitectónica, 
O TAJ MAHAL. Se queredes saber mais, preme na imaxe 



NOVA CARTA DE GASPAR

Xa chegou unha nova carta de Gaspar .A nova marabilla deste mes de febreiro é.....................



Pois sí , é o TAJ MAHAL, na India. Temos que investigar sobre esta estupenda marabilla.


viernes, 3 de febrero de 2017

VISITA DA ESCRITORA ANA ALCOLEA


O día 2 de febreiro visitounos  ANA ALCOLEA, escritora do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de 2º curso titulado " EL ABRAZO DEL ÁRBOL".
Ana contoulles moitas cousas da súa actividade como escritora, mais a súa visita centrouse nas preguntas dos nenos e nenas sobre o libro. Participaron moitísimo facendo reflexións que deixaron abraiada a escritora.
Gustoulles moito o libro e isto notouse en toda a actividade!
Moitas grazas Ana pola túa visita. Disfrutamos moito!
Se queredes ver as fotos, premede no enlace de abaixo!

jueves, 2 de febrero de 2017

A PAZ, MARABILLA UNIVERSAL

O día 30 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. 
Na corcheira do porche as marabillas enchéronse de letras anunciando a paz no idioma que se fala nos países das distintas marabillas e co lema " A paz , marabilla universal"
Mirade as fotos!