miércoles, 25 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS

Despedímonos deste curso e tamén de ANA MARÍA MATUTE, que tristemente acabamos de enterarnos do seu pasamento.
Ana María Matute Ausejo( Barcelona, 26 de julio de 1925- 25 julio del 2014 ). foi unha novelista membro da Real Academia Española, onde ocupaba o asento K e a terceira muller que recibíu o Premio Cervantes en 2010. Matute foi unha das voces máis persoais da Literatura Española do século XX e, é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española. 
Entre as súas obras detacan : " Los Abel", "Los hijos muertos", " La torre vigía", 2 El río", "Olvidado rey Gurú e "Paraíso inhabitado".
Xa por este curso só queda desexarvos un bó verán.
grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
A volta xa estará Gaspar agardando por nós e, de seguro, que terá preparadas novas e divertidas aventuras.

ENTREGA DE DSITINTIVOS AOS AXUDANTES DA BIBLIORÍA


 O Día do festival  despedimos na BiblioRía aos nenos e nenas de 6º , que durante todo o curso encargáronse das tarefas de Biblioteca nos recreos. 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA DEDICACIÓN
E MOITA SORTE COA NOVA ETAPA QUE COMEZADES!!
 

FESTIVAL FIN DE CURSO - SEGUNDA PARTE-

Seguimos coa segunda parte da festa!
 Chegou o día das actuacións do segundo e terceiro ciclos. 
Tal e como fixeron os nenos e nenas máis pequenos onte, hoxe fixemos da festa unha mostra de parte do traballado ao redor do proxecto da Biblioteca " lendo con arte", que xa ben coñecedes. 
Na aula de 3º curso adaptaron o libro que estiveron traballando durante todo o curso titulado " Las siete caras del señor Grunt, de Ana Alonso para representalo cunha obriña de teatro que retitularon
" As seis caras do Gran señor". 
 A continuación  fixemos unha pequena homenaxe a unha alumna do colexio, LARA CASTRO TABOADA, de 5º curso, polo 2º premio recibido no Certame Literario do Concello de Outes por 3º ano consecutivo, cun poema precioso que recitou para todos nós.
En 4º curso centráronse nunha obra dun dos pintores galegos máis coñecidos Laxeiro. Mostráronnos ao seu xeito o cadro " O trasmundo".
O alumnado de 5º curso ampliou a presentación feita no Nadal do cadro da súa aula " El Guernica", cunha explicación acompañada de música.

Despois, os alumnos e alumnas de 6º traballaron durante todo o curso o pintor Monet: paisaxes, natureza, tranquilidade, cores....co cadro 
" La terraza de Sainte-Adresse" .
Por último, tivo lugar a graduación dos nenos de 6º, que rematan a etapa no Ría e comezan outra nova no instituto.
 Sorte para todos e todas!!
 Botarémosvos moito de menos.

domingo, 22 de junio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO - PRIMEIRA PARTE-

O curso xa está a piques de rematar e aquí  estamos, coma sempre, metidos en danzas para celebralo.
 Como este curso andivemos  a trafegar no mundo da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están feitos uns artistas!
Así o están a demostrar  neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”,  e nos contaron tódolos pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes  que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezaron recitando un poema que  resumía a vida de Van Gogh.
A continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música:  “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos  coa canción “Happy” de  Pharrell Williams fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a Primaria. Norabóa!

miércoles, 18 de junio de 2014

MERCADIÑO DE LIBROS

Onte, luns 16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO DE LIBROS.

Os postos de "troco de libros por lecturas” puxéronse á sombra das árbores do patio. ( Do liquidambar e do plátano de sombra, mais concretamente).

A hora de apertura estaba programada para as 12:30h., así que en canto tocou o timbre, ao remate do recreo,  os nenos e nenas  xa sabían que íamos cambiar a “hora de ler” polo mercadiño. Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono,  e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíanse polo libro ou libros  que querían levar.

O mais fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría e o orden  con que o fixeron e, sobre todo, a espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente,se  puxeron inmediatamente a ler sentados na herba polos recunchos do patio.

Foi unha fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta  soleada mañá de xuño!

Non vos perdades as fotos. Falan por si soas!!!

domingo, 15 de junio de 2014

Gañadores da VIII Edición dos Premios Espiral Edublogs

Onte, 14 de xuño de 2014, tivo lugar a entrega de Premios Espiral Edublog. Lamentablemente, este ano non tivemos sorte pero queremos felicitar aos blogs gañadores polo seu estupendo traballo e por este premio tan merecido.

Parabéns para todos e todas!!!

Os blogs premiados pola categoría de BLOGS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES foron os seguintes:

Podedes consultar a listaxe completa de gañadores en cada unha das categorías premendo na seguinte ligazón:

viernes, 13 de junio de 2014

O COLEXIO CONVERTEUSE NUN MUSEO

Neste curso, os corredores enchéronse de arte, converténdose nun museo.
Por unha banda, temos cadros que nos trouxo o profesor Carlos do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, copias de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas.
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira, Inglés, como nas de Arte en Inglés nos grupos Plurilingües e Bilingües. Cada curso traballou en lingua inglesa técnicas pictóricas diversas nun principio. Posteriormente, cada curso de Educación Primaria centrouse nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada un destes cadros pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum”.
Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:
KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho".
PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
MUNCH- " El grito".
CÉZANNE- "Autorretrato".
ARCIMBOLDO- " Las estaciones".
VELAZQUEZ- " Las meninas".
LAXEIRO- " O trasmundo".
PICASSO- " El Guernica".
MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"

Hoxe tedes dúas reportaxes gráficas: Na primeira podedes ver os cadros prestados ó colexio e na segunda   as obras de arte feitas polos nenos e nenas do colexio.



 


miércoles, 4 de junio de 2014

EUROPA Á CARTA

O luns, día 2 de Xuño, tivemos o terceiro e último obradoiro do proxecto COCIÑANDO CONTOS.
Nesta ocasión foi para o alumnado de 4º de E. Primaria e resultuo igualmente interesante e divertido.
Distribuídos en cinco grupos de cinco nenos e nenas, Cristina, a monitora de OQO editora, comezou presentándolle un mapa de Europa e a continuación imaxes de comidas que correspondían a distintos  países: España, Francia, Italia, Polonia e Portugal. Coñecíamos o nome de moitas comidas, sobre todo do noso país, aínda que tamén de Italia, Francia e Portugal.
Logo comeza o xogo, clasificar as fotos das comidas e saber de que país son, elaborar un menú para un restaurante, ao que lle teñen que buscar un nome que teña  algo que ver co país, poñerlle precio ao menú e facer unha promoción.
Por último cada grupo expuxo aos demaís o seu traballo facendo razoamentos sobre os prezos.
O obradoiro foi todo un éxito que lles deu a oportunidade de traballar unha chea de conceptos sociais, matemáticos e gastronómicos dun xeito divertido.
Unha vez máis, grazas Cristina, e tamén grazas a OQO editora e ao Concello de Vigo por este proxecto.