lunes, 30 de enero de 2017

VISITA TERRACOTA WARRIORS

Debido a que no mes de xaneiro estivemos a traballar a marabilla
 " A MURALLA CHINA", organizamos unha visita á  exposición do conxunto escultórico dos guerreros de Xi´an.
Unha parte do colexio foi o luns, día 30 de xaneiro e outra parte acudirá o día 15 de febreiro.
Dividíronnos en grupos e cunha guía fomos percorrendo a exposición e escoitando as cousas tan interesantes que nos contaban sobre estos guerreiros e sobre a cultura china. 
Fixéronnos unha foto  a cada grupo, incluída nunha páxina do xornal.
Foi unha visita moi interesante e educativa.
Mirade as fotos! 

domingo, 29 de enero de 2017

MAGO DE OZ





A visita que fixemos foi á SALA ARTIKA , en Beiramar, para ver o musical  "Mago de Oz". Conta a historia de Dorothy, unha nena orfa que vive en Kansas cos seus tíos.Un bo día,tras un tornado, foi arrastrada ao país de OZ. Alí coñece un espantallo, un leñador de folladelata, un león covarde, as bruxas malas do leste e do oeste,e as bruxas boas  do norte e do sur.




Se queredes coñecer  Dorothy, deixovos un enlace de debuxos animados.


MAGO DE OZ


lunes, 23 de enero de 2017

XVII EDICIÓN DOS PREMIO MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS

Este mes Gaspar visitou a cidade de Lugo para ver a súa muralla, que é a irmá pequena da marabilla que estamos  a traballar este mes " A MURALLA CHINA". Percorrendo a cidade mirou anunciada a XVIII Edición dos premio Muralla de Lugo de Debuxo e redacción infantís e, de seguido, mandou unha carta ás aulas para animar aos nenos e nenas a que participen. Ánimo!!




miércoles, 18 de enero de 2017

CAILLOU

Temos que investigar tamén a comida típica chinesa. A súa gastronomía ofrécenos suculentos pratos .


Caillou quere comer tamén a comida chinesa. Mirade como o fai.


INVENTOS CHINOS

 Aos chinos debémoslles un montón de inventos.
 Se queredes, podedes coñecer os 10 inventos mais interesantes. Mirade


 INVENTOS CHINOS



MAIS COUSAS SOBRE CHINA

Queredes saber mais cousas sobre CHINA? A danza do Dragón, o ano novo chino, o zodíaco chino...

Pois visitade esta páxina e aprenderemos un montón 



NO 4º CURSO ESTÁN TRABALLANDO MOITO A MURALLA CHINA

Os nenos e nenas de 4º curso estiveron vendo fotos preciosas de China. Apreciaron a muralla, as vistas dende ela, os cultivos... Ademais puideron apreciar o contraste entre entidades de poboación ricas e pobres, entre a montaña e o mar, o frío das montañas e o deserto. Qué vista nos ofrece a muralla!
Tamén unha amiga da profe fai pouco visitou China. Gustoulle moito o Palacio imperial, participou empurrando os carriños que transportan á xente, pero sobre todo a muralla. 
Sara Sanromán falounos das Marabillas do mundo a través das viaxes do seu avó.
Grazas a intervención de Iam e Roque soubemos sobre a exposición dos guerreiros de terracota ademais de todo o que nos mostraron da muralla. 
Aquí tedes as fotos e o vídeo de Sara contando cousas das viaxes do seu avó.





video

martes, 17 de enero de 2017

CARTAS QUE ESTÁN A TRABALLAR NO 2º CURSO

No 2º curso están a traballar unhas cartas sobre as marabillas do mundo que trouxo un alumno. Cada carta ten unha serie de preguntas e respostas que irán resolvendo. Qué marabilla!!
Mirade as fotos!!

OS NENOS E NENAS DE 4º CURSO COMPLETARON O PUZZLE MAPA MUNDI

Os nenos e nenas de 4º curso completaron o puzzle do mapa mundi que mercamos este curso para ver todos os países que imos traballar.



jueves, 12 de enero de 2017

miércoles, 11 de enero de 2017

NOVA CARTA DE GASPAR

 Xa temos carta de Gaspar. Coma sempre é moi puntual. 
Fala da seguinte MARABILLA que temos que investigar.
Cal será?

Deixovos unha adiviña. PENSADE

Alta e dura
protexo aos meus sen mesura
calza cómodo
pois miles de kilómetros espérante no fondo.
Estou tranquila e serena
porque senón podes visitarme,
de seguro poderás acudir a Lugo,
onde está a miña irmá pequena.

Quen é?........Pensade, pensade... de que marabilla estamos a falar. En que país está?

martes, 10 de enero de 2017

BENVIDA



Benvidos de novo ao cole neste segundo trimestre cheo de emocionantes aventuras dende a nosa Biblioría. Que novas traerá Gaspar? Esperamos ansiosos a súas cartas.