Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe , 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro. No noso cole, tamén. Cúmplese o 179 aniversario do seu nacemento. Por iso  decidimos festexar  primeiro cun fermoso poema 

Has de cantar
que che hei de dar zonchos
has de cantar
que che hei de dar moitos

   «Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

   Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.

   Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.

   Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.

   Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces,
¡que ricas que saben!

   ¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro.

   Canta si queres,
rapaza do demo;
canta si queres,
dareiche un mantelo.

   E cunha rosa na man, cantamos "Adiós ríos adiós fontes". 
Mirade o video.

martes, 24 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Como todos os anos, celebramos o aniversario do nacemento da poetisa galega   ROSALÍA DE CASTRO en 1837 en Compostela. Como xa sabedes é unha das mirantes escritoras en Lingua galega.
Na actualidade a figura de Rosalía e as súas creacións continúan recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no extranxeiro.
Aínda que cultivou a prosa, destacou no campo da poesía, coas súas tres novelas claves: " Cantares galegos", Follas novas" e " Nas orillas del sar".
Que mellor xeito de celebrar este día que recitando a súas poesías!!
Cada curso preparou unha poesía e recitouna para os demais.
Asemade, como este ano estamos a traballar a Arte que nos rodea, investigamos tamén as  esculturas de Rosalía en Vigo e atopamos moitas que recopilamos nun pequeno mural, situado nas paredes da biblioteca.
Como agasallo os nenos e nenas leváronse un marcapáxinas coa escultura de Rosalía de Castro por un lado e un dos seus poemas máis recitados " Adios ríos, Adios fontes..."por outro.
Se queredes ver as fotos deste día tan especial premede no enlace: 

martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DA ROSALÍA

Onte luns, 24 de febreiro  celebramos, un ano máis, o cumpreanos da nosa poetisa por excelencia: 
ROSALÍA DE CASTRO.
Hai moitas cousas na nosa terra  que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores , os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas.
Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparamos o equipo de BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo..
Deste xeito Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano " Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, propuxemos ás distintas aulas  que preparasen un poemiña  para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro " ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Empezaron os nenos/as de E. Infantil co poema " Has de centar", para continuar co poema " Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria. Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema " Alborada" e , por último,  participaron os nenos/as de 5º e 6º co poema " Miña  santiña , miña santasa.


ROSAS PARA ROSALÍA
Para representar o poema cada curso escribíu unha estrofa do seu poema nos pétalos dunha rosa que cada quen ofreceu a Rosalía.
Ademais contamos coa visita, para os alumnos de 2º e 3º ciclos, do escritor Pedro Feijoo, antiguo alumno deste centro e tío de Nayra, alumna de terceiro curso.
 Pedro  está investigando sobre a vida de Rosalía e a súa obra: de este xeito, presentounos unha imaxe distinta de Rosalía da que todos coñecemos; ademais de ser unha persoa  triste e chea de morriña, era unha persoa alegre , firme, vengativa e misteriosa.
Asemade algúns nenos saíron  voluntariamente a ler  uns poemas de Rosalía que presentaban esa imaxe distinta da que nos estaba a falar Pedro.
Moitas grazas Pedro pola túa visita!

CUMPREANOS DE ROSALÍA on PhotoPeach

martes, 26 de febrero de 2013

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

24 DE FEBREIRO, DÍA DE  ROSALÍA

        
        O venres, día 24 de febreiro, fixémoslle unha homenaxe a nosa poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO dende a BiblioRía, en coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística.

        Na BiblioRía, Tintín, Milú e máis Gaspar estiveron á procura dun poema axeitado para recitar ese día e, finalmente, elixiron o poema " PRA A HABANA" , xa que trata dunha viaxe que un mozo ía facer, e como este ano estamos a coñecer tantos países e facer tantas viaxes coas aventuras de Tintín, pensaron que a nós tamén nos gustaría. Este poema pertence ó  libro " Follas Novas". Por certo, neste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación doutro dos seus libros titulado " Cantares gallegos", o día 17 de maio.

        Cada curso recitou unha estrofa, comenzando polos nenos/as de Educación Infantil de 3 anos e rematando polos nenos/as de 6º curso de Primaria.

       Despois os nenos/as do 4º curso prepararon o poema " ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES", co acompañamento musical feito polos propios alumnos/as e dirixido polo profesor de música do colexio.

      Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.

Se queredes ver as fotos, premede no enlace.

sábado, 25 de febrero de 2012

ROSALÍA DE CASTRO VIVE NA NOSA BIBLIOTECA

Hoxe día 24 de febreiro de 2012 conmemórase o 175 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.

Calquera momento do ano é bo para achegarse a esta escritora e este momento é moi axeitado para facer unha recompilación de materiais e unha investigación sobre a súa obra, e así achegarnos máis a ela. Tamén desde a música de distintos autores que versionaron os seus poemas, podemos ter outra visión de esta escritora autora clave da nosa literatura e do noso universo cultural.
Dende a BiblioRía celebramos esta data facendo unha exposición da súa obra e  lendo algúns fragmentos dos seus poemas, recitados polos compañeiors que representan cada unha das clases de Primaria.




O recital de poesía comezou coa presentación feita por un neno de 6º curso , Oscar Veloso Varela , na que relatou o motivo da lectura pública da obra de Rosalía de Castro, lembrando a importancia que ten  na nosa Literatura. Asemade, escoitamos de fondo a canción de "Adeus ríos, adeus fontes" interpretada por Amancio Prada.

Do 1º curso, Diego SanJuán Vila recitounos o poema que comezou deste xeito:
" Un manso río, una vereda estrecha, un campo solitario y un pinar, y el viejo puente rústico y sencillo completando tan grata soledad.......".



Como representación do  2º curso , Pedro Rojo Souto deleitounos co fragmento que comezou así:
" A través del follaje perenne que oír deja rumores extraños, y entre un mar de ondulante verdura, amorosa mansión de los pájaros......"



Do 3ºcurso , Grupo A, foi Lara Castro Taboada a encargada de recitar outro fragmento:
" Meniña, ti a máis hermosa que a luz do sol alumbrara; ti a estrela da mañanciña que en puras tintas se baña...."
Ademais disto Lara explicounos que ela naceu en Santiago e acordabase que de moi pequena miraba a estatua de Rosalía na Alameda, e que unha  profesora lles contou que os poemas de Rosalía foron musicados por cantautores da súa terra, como Amancio Prada e outra lle contou que os escoitou cantar a fadistas portugueses.


No 3º B, María Gil Pérez recitounos o seguinte poema :
" Del antiguo camino a lo largo ya un pinar, ya una fuente aparece, que brotando en la peña musgosa con estrépito al valle desciende......."


Mario Goberna Rial , de 4º curso, recitounos o poema tan coñecido por todos nós titulado " Negra Sombra":
" Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras; ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.....".


No 5º curso foi Lola García González a encargada de recitar o seguinte fragmento .
" Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos, cando van, van como rosas; cando veñen vén como negros....".


No  6º curso  o poema de Rosalía chegou da man de Marta  López Gavián:
" Cando este cantar, poeta, na lira xemendo entonas, non sei o que por min pasa que as lagriñiñas me afogan,.......".


Ademais o mestre Suso deleitounos, de xeito espontáneo, cun poema que dixo que aprendera fai moito tempo:
" Unha vez tiven un cravo cravado no corazón i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor......"


Tamén a mestra Carmen, aportou varios libros á pequena exposición feita na BiblioRía, sobre a obra de Rosalía; asemade recitounos algúns dos fragmentos da obra de esta escritora tan querida por ela e por todos nós.


 No 4º curso, Naiara tamén aportou dous libros a exposición e leeu uns fragmentos da obra de Rosalía.


                                                                              1º CICLO
3º CICLO
                                                                       2º CICLO



Debido o interese dos nenos do 2º ciclo pola música feita con poemas de Rosalía, escoitamos a Amancio Prada " Adeus ríos, adeus fontes" e a Maria do Ceo " Negra Sombra".





AZORÍN definió a ROSALÍA DE CASTRO como  " UNO DE LOS MÁS DELICADOS, DE LOS MÁS INTENSOS, DE LOS MÁS ORIGINALES POETAS QUE HA PRODUCIDO ESPAÑA"



Aquí temos un enlace da biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde podemos atopar datos sobre a súa vida e obra.
http://bib.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=presentacion



viernes, 25 de febrero de 2011

ROSALÍA DE CASTRO NA BiblioRía

Onte, 24 de febreiro, na BiblioRía quixemos facer unha pequena homenaxe a esta gran poetisa nosa: ROSALÍA DE CASTRO
(preme na imaxe e accederás a Wikipedia para atopar información sobre ela)
Para elo fixemos unha pequena escolma dos seus poemas para ler e escoitar a toda a Comunidade Educativa: "Pasade e Lede"
Recompilación Musical de diferentes autores musicando obra de Rosalía de Castro:
- Amancio Prada.
- Carlos Núñez e Luz Casal.
- Dulce Pontes.

Recopilación  de diferentes poemas dos seus libros como:
- Adiós ríos, adiós fontes.
- Campanas de bastabales.
- Negra sombra.
- Los Robles.
- Cantares gallegos.
- Follas Novas.
- ...