Hoxe día 24 de febreiro de 2012 conmemórase o 175 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.
Calquera momento do ano é bo para achegarse a esta escritora e este momento é moi axeitado para facer unha recompilación de materiais e unha investigación sobre a súa obra, e así achegarnos máis a ela. Tamén desde a música de distintos autores que versionaron os seus poemas, podemos ter outra visión de esta escritora autora clave da nosa literatura e do noso universo cultural.
Dende a BiblioRía celebramos esta data facendo unha exposición da súa obra e lendo algúns fragmentos dos seus poemas, recitados polos compañeiors que representan cada unha das clases de Primaria.
O recital de poesía comezou coa presentación feita por un neno de 6º curso , Oscar Veloso Varela , na que relatou o motivo da lectura pública da obra de Rosalía de Castro, lembrando a importancia que ten na nosa Literatura. Asemade, escoitamos de fondo a canción de "Adeus ríos, adeus fontes" interpretada por Amancio Prada.
Do 1º curso, Diego SanJuán Vila recitounos o poema que comezou deste xeito:
" Un manso río, una vereda estrecha, un campo solitario y un pinar, y el viejo puente rústico y sencillo completando tan grata soledad.......".
Como representación do 2º curso , Pedro Rojo Souto deleitounos co fragmento que comezou así:
" A través del follaje perenne que oír deja rumores extraños, y entre un mar de ondulante verdura, amorosa mansión de los pájaros......"
Do 3ºcurso , Grupo A, foi Lara Castro Taboada a encargada de recitar outro fragmento:
" Meniña, ti a máis hermosa que a luz do sol alumbrara; ti a estrela da mañanciña que en puras tintas se baña...."
Ademais disto Lara explicounos que ela naceu en Santiago e acordabase que de moi pequena miraba a estatua de Rosalía na Alameda, e que unha profesora lles contou que os poemas de Rosalía foron musicados por cantautores da súa terra, como Amancio Prada e outra lle contou que os escoitou cantar a fadistas portugueses.
No 3º B, María Gil Pérez recitounos o seguinte poema :
" Del antiguo camino a lo largo ya un pinar, ya una fuente aparece, que brotando en la peña musgosa con estrépito al valle desciende......."
Mario Goberna Rial , de 4º curso, recitounos o poema tan coñecido por todos nós titulado " Negra Sombra":
" Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras; ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.....".
" Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos, cando van, van como rosas; cando veñen vén como negros....".
No 6º curso o poema de Rosalía chegou da man de Marta López Gavián:
" Cando este cantar, poeta, na lira xemendo entonas, non sei o que por min pasa que as lagriñiñas me afogan,.......".
Ademais o mestre Suso deleitounos, de xeito espontáneo, cun poema que dixo que aprendera fai moito tempo:
" Unha vez tiven un cravo cravado no corazón i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor......"
Tamén a mestra Carmen, aportou varios libros á pequena exposición feita na BiblioRía, sobre a obra de Rosalía; asemade recitounos algúns dos fragmentos da obra de esta escritora tan querida por ela e por todos nós.
No 4º curso, Naiara tamén aportou dous libros a exposición e leeu uns fragmentos da obra de Rosalía.
1º CICLO
3º CICLO
2º CICLODebido o interese dos nenos do 2º ciclo pola música feita con poemas de Rosalía, escoitamos a Amancio Prada " Adeus ríos, adeus fontes" e a Maria do Ceo " Negra Sombra".
AZORÍN definió a ROSALÍA DE CASTRO como " UNO DE LOS MÁS DELICADOS, DE LOS MÁS INTENSOS, DE LOS MÁS ORIGINALES POETAS QUE HA PRODUCIDO ESPAÑA"
Aquí temos un enlace da biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde podemos atopar datos sobre a súa vida e obra.
http://bib.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=presentacion
No hay comentarios:
Publicar un comentario