lunes, 19 de junio de 2017

Cadernillos das marabillas

Xa temos na BiblioRía algún cadernillo das Marabillas rematado. Mirade que ben quedaron.




Recomendacións de lecturas para o verán

O equipo de Biblioteca elaborou un tríptico coas lecturas recomendadas para o verán seleccionadas en prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores expertos e adultos. Esperamos que sexan do voso agrado. 
                                        FELICES LECTURAS!



miércoles, 14 de junio de 2017

Ramón Caride visitounos

Ramón Caride, autor do libro "As andanzas de Xan Farrapeiro", visitou ao alumnado de 3º de E.Primaria.
Falaron do personaxe principal, XAN, da súa dona e de todos os personaxes. tamén falaron do que lle sucedeu a Xan cando entrou na cova dos penedos. 
Para rematar, Ramón Caride firmou todos os libros dos alumnos e deixou unha dedicatoria no libro de honra da BiblioRía. Tamén foi obsequiado cun agasallo , un marcapáxinas da nosa mascota Gaspar.









lunes, 5 de junio de 2017

MERCADIÑO DE LIBROS

Por fin, hoxe, como o tempo foi moi agradable, realizouse o mercadiño de libros como remate do noso proxecto da BiblioRía.

Todos tiñan que levar o seu pasaporte lector para poder adquirir un libro de balde. Despois os padriños e madriñas axudaban aos seus afillados a construir un minilibro feito polo equipo de biblioteca sobre as 7 Marabillas. 
Mirade o video e podedes comprobar como disfrutaron!