Mostrando entradas con la etiqueta Lendo o mundo con Tintín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendo o mundo con Tintín. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2013

Museo do cómic de Bruselas

Despois de moito investigar, tanto sobre os cómics de Hergé, como sobre os diferentes páises visitado por Tintín e Milú, chega o momento de coñecer un lugar moi especial e importante, situado no país do autor dos contos, Bélgica.
Estamos a falar do Museo do Cómic de Bruselas e quí vai un vídeo no que poderedes facer unha breve visita polas súas instalacións.


lunes, 10 de junio de 2013

SEMANA CULTURAL: EXPOSICIÓN DE 6º DE PRIMARIA


Os nenos/as  de 6º curso contaron aos nenos/ as de 4º curso  moitas cousas sobre o proxecto que estiveron a desenvolver neste curso, basado no libro “ Tintín en el Tibet”.
Por grupos foron presentando toda a información recopilada, axudados por unha presentación en Power Point.
No primeiro lugar  fixeron un resumo do libro.
A continuación, proporcionáronnos moitos datos sobre o Tíbet, algúns moi curiosos como a forma da súa bandeira que é diferente a todas as bandeiras. Faláronnos tamén do seu clima, xeografía, moeda, monumentos máis importantes e cultura.
Con esta Exposición dáse por rematada a SEMANA CULTURAL 2013
Agora todos/as  os nenos/as de cada curso coñecen  os traballos  e as investigacións que se fixeron noutros cursos, en relación ao proxecto:
 “ LENDO O MUNDO CON TINTÍN”.
 Asemade os nenos/as e as mestras/es  disfrutamos moito de esta experiencia de interrelación entre nenos/as de diferentes idades.
 


domingo, 9 de junio de 2013

Semana Cultural: Exposición do alumnado de 5º de Primaria

Os nenos/as de 5º de primaria expuseron aos nenos/as de 3ºcurso  as súas investigacións sobre a cidade de Sydney e o país de Australia.
No primeiro lugar faláronnos sobre o libro que lles tocou ler " Vuelo 714 para Sydney", nomearon os seus  personaxes, faláronnos do autor e fixéronnos un resumo do libro.
Despois contáronnos moitas curiosidades sobre Australia e mostráronnos moitas fotos.
Os nenos/ as de 3º curso que  xa tiñan preparadas moitas preguntas e xa  investigaran sobre Australia, amosáronse moi interesados. 
 O que máis lles sorprendeu  foi a cantidade de canguros que viven neste país.
Despedíronse os nenos/as de 3º curso con ganas de investigar moitas máis cousas sobre esta cidade tan cosmopolita.
 

viernes, 7 de junio de 2013

Semana Cultural. Exposición do alumnado de 4º de Primaria

Os nenos/as de 4º curso explicaron aos nenos/as de 5º curso moitas c-ousas sobre China, que foi o país que traballaron durante todo o curso, no proxecto de " Lendo o mundo con Tintín".
Asemade contamos coa presenza de David, un deportista de élite, que competíu nos Xogos Olímpicos de Pekín no ano 2008 en atletismo.
Contounos que o que máis lle sorprendeu da cidade  foi o contraste entre a modernidade e a antigüidade nas construcións e a Muralla China , ademais falounos da gastronomía, do carácter....etc
Tamén contounos  cousas moi curiosas como que o número 4 é de mala sorte; de este xeito son tan supersticiosos que non existe un edificio co piso nº 4. O número 8 é da boa sorte, por isto fixeron coincidir a inauguración das Olimpidadas o día 8, do mes 8, do ano 2008.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas sobre a cidade de Pekín e sobre a súa actividade profesional.
 Todos disfrutamos moito dos coñecementos de David sobre a cultura China e a súa experiencia nos 19 días que pasou neste país.
 
 

jueves, 6 de junio de 2013

Semana Cultural: Exposición do alumnado de 1º e 2º de Primaria


Os nenos e nenas do 1º ciclo foron os encargados de falar aos alumnos  de infantil sobre os seus contos relacionados ca Lúa: “Objetivo la luna” e “Aterrizaje en la luna”.Anxo e Diego fixeron a presentación disfrazados de Tintín ,tal e como fixeran no entroido. A continuación foron o resto dos alumnos os que explicaron as historias  e os traballos realizados.

Comenzaron por resumir os dous contos, explicar a vida  de Hergé, os personaxes de Tintín e tamén falar dos planetas, ensinándonos os movementos da terra e dos planetas. Ensinaron as diversas actividades feitas con cómics .Explicaron algunhas das noticias relacionadas ca Lúa: falaron de Gagarin,o primeiro astronauta; trouxeron a Laika, a cadela que orbitou o espacio e tamén explicáronnos a noticia da nova mascota da Axencia Espacial que se chama Paxi , nome  creado por unha nena española chamada Sara.

Para rematar, contáronnos unhas adiviñas sobre a Lúa e recitaron a poesía “Quisiera saber”.


miércoles, 5 de junio de 2013

Semana cultural: Exposición do alumnado de 3º de primaria

A segunda exposición que puidemos desfrutar nesta Semana Cultural foi a realizada polo alumnado de 3º de educación primaria e os nenos/as de 1º ciclo foron os encargados de escoitar todo o aprendido por eles/elas.
Hergé foi o primeiro protagonista desta exposición ao que lle acompañaron as personaxes dos seus contos, así como unha breve reseña sobre razas de cans, facendo alusión a raza de Milú.
Posteriormente, realizaron un seguimento no mapa por todos os países que visitamos este ano a través das historias de Hergé; cada un dos nenos e nenas da aula comentou as caracteristicas principais de cada un destes países así como comentou cal fora a curiosidade que máis lle chamara a atención.
Para rematar, o alumnado de 1º ciclo fixo de público e realizou as correspondentes preguntas que o alumnado de 3º non dubidou en contestar.

martes, 4 de junio de 2013

Semana cultural: Exposición de Educación Infantil

Tal e como comentabamos nunha entrada anterior deste blog, durante toda esta semana levaremos a cabo na escola a "Semana Cultural", un percorrido por todos os países e as investigacións levadas a cabo por cada unha das aulas do colexio.
O inicio desta actividade comezou co alumnado de educación infantil. Así, os nenos e nenas de educación infantil da escola expuseron todo o investigado sobre o Congo ao alumnado de 6º de primaria.
Grazas á súa exposición, os nenos/as maiores puideron coñecer a situación no mapa da República Democrática do Congo, a bandeira, a moeda, as linguas que alí se falan,... así como descubrir a infinidade de animais que atopamos na sabana.
Doutra banda, lles contaron datos variados sobre o conto que traballaron: información da cuberta, autor, conto adaptado,...
Se queredes seguir descubrindo as outras exposicións que se levan a cabo nesta Semana Cultural, non deixedes de visitar este blog.

lunes, 3 de junio de 2013

Semana Cultural sobre "Lendo o mundo con Tintín"

Dendo hoxe, 3 de xuño de 2013, e ata o día 10 de xuño, desenvolveremos na nosa escola unha Semana Cultural.
Esta actividade consiste en que, cada unha das aulas do cole, lle conta a unha clase diferente todas as súas investigacións con respecto ao conto asignado dentro do proxecto "Lendo o mundo con Tintín".
Hoxe comezaron os nenos/as de educación infantil e lle contaron ao alumnado de 6º curso de primaria todo o que saben sobre a República Democrática Congo así como os datos relativos ao libro que lles tocou ("Tintín no Congo") e ao autor.

Se queredes ver a planificación desta Semana Cultural, aquí vos deixamos este cadro que recolle, por días, as exposicións que se levarán a cabo.


jueves, 25 de abril de 2013

VISITA DE NACHO PÉREZ

Hoxe, día 25, visitounos na BiblioRía do colexio Nacho Pérez, que se autodefine como  "Tintinólogo".
Nacho prestounos un cohete de Tintín precioso, feito por él, que colgamos do teito da BiblioRía.
Mostrounos un power point, con datos moi interesantes sobre a traxectoria de Tintín; ademais ensinounos moitos obxectos de Tintín: un reloxo, un cinturón, unha garavata, cartas...etc. 
Tamén nos mostrou libros de Tintín en varios idiomas.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas
Para rematar a sesión, agasallámoslle cun libro de Tintín e co marcapáxinas que fixemos para este curso.
Por último asinou no Caderno de Bitácora da BiblioRía.
Agora xa sabemos máis sobre o noso personaxe favorito!
Moitas Grazas pola túa visita Nacho!
Se queredes saber máis cousas de Tintín podedes entrar no
recanto do Tintinólogo.

http://tintinologo.com/

viernes, 15 de marzo de 2013

 
SEMANA DA PRENSA

       Como xa sabedes, Tintín era un gran reporteiro que non dubidaba en emprender unha viaxe a calquera país do mundo na procura das noticias para o seu xornal.

       Na SEMANA DA PRENSA, do 11 ao 15 de marzo, propuxemos aos nenos/as , dende a BiblioRía, que buscaran na casa noticias, en xornais ou revistas, do país do conto de Tintín que están a ler na súa aula e trouxeran os recortes,  co obxectivo de facer un mural na corcheira do porche.

       Ó longo da semana os alumnos/as foron traendo noticias á aula e colocándoas no mural, na silueta do país que están a traballar en cada aula.

       Unha vez máis, agradecer a colaboración das familias, que axudaron aos seus fillos a buscar información en periódicos, revistas en tamén na web.

Premede no enlace se queredes ver as fotos:


miércoles, 6 de marzo de 2013

As aventuras de Tintín nas nosas aulas



AS AVENTURAS DE TINTÍN NAS NOSAS AULAS


       Como xa sabedes, estamos a traballar as aventuras de Tintín. O proxecto de cada aula segue o seu ritmo. Cada curso elaborou a portada do libro que está traballando a tamaño xigante, expoñéndoa a carón da porta da súa aula.

       Asemade, dende a aula de Inglés, Tintín viaxa por América. Enviouse a mascota de Gaspar xunto con Tintín   a Canadá, ao colegio Bilingüe "Dalhousie School" de Calgary (Alberta), como parte dun proxecto global entre os dous centros, que consiste nun intercambio de mascotas para compartir experiencias en ámbalas dúas linguas ( Inglés e Castelán) entre o alumnado e ademais propiciar situacións comunicativas reais.

       Premede no enlace para ver todas as fotos.







     

domingo, 17 de febrero de 2013

Celebramos o Entroido

ENTROIDO NO RIA

O venres, día 15, celebramos no colexio o ENTROIDO.

                 Este curso, como todos/as sabedes, o proxecto que estamos a desenvolver dende a BiblioRía, titúlase " LENDO O MUNDO CON TINTÍN".

                 Deste xeito, no entroido, decidimos acompañar a Tintín nos seus viaxes polos distintos países.

                Os nenos/as de 3º,4º e 5º de Educación Infantil viaxaron polo Congo.
                Os nenos/as de 1º e 2º cursos viaxaron a Lúa.

                Os nenos/as de 3º curso descubriron o mundo dos faraóns, viaxando polo Egipto.

                Os nenos/as de 4º curso coñeceron a cultura China.

                Os nenos/as de 5º curso volaron cara a Sydney e

                os nenos/as de 6º curso meditaron no Tibet.

                Ademais de ter un Tintín en cada aula, tivemos uns cantos Capitáns HADDOCK e un profesor Tornasol.
               
                Todos os nenos/as desfilaron pola pasarela.

                Colocouse o MECO no patio e , despois de ler o manifesto,  decidimos queimalo, porque este curso o MECO era a INXUSTIZA e todos/as estivemos de acordo en que non a queríamos nas nosas vidas.

                Para rematar a xornada, disfrutamos da gastronomía do entroido, comendo doces típicos destas datas,  feitos polas familias dos nenos/as.

Premede no enlace de abaixo e poderedes ver todas as fotos


jueves, 17 de enero de 2013

Felicidades Tintín!!!


CUMPREANOS DE TINTÍN

      O día 10 de xaneiro foi o cumpleanos de Tintín, a personaxe creada por  Georges Remí fai 84 anos e que, neste curso, é o protagonista nas nosas aulas.

      Se queredes ter máis información premede no enlace de abaixo.

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/cultura/cumpleanos-tintin-20130110

jueves, 25 de octubre de 2012

Inauguración BibioRía

   INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA
 O mércores, día 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares ao tempo que fixemos a reapertura oficial da nosa Biblioteca. Foi unha celebración simbólica que servíu para lembrar as normas, revisar as carpetas e motivar aos nenos, así como introducir o lema deste curso:
" LENDO O MUNDO CON TINTÍN"
  Todos os alumnos baixaron a Biblioteca coa súa titora/or e un membro do equipo de Biblioteca. No primeiro lugar lembráronse o funcionamento , as normas, a distribución dos espazos e os préstamos.
A continuación presentáronse a selección de libros do tema deste curso, na "Exposición dos comics de Tintín".
Despois visionaron un fragmento dunha película de Tintín.

Como despedida todos os alumnos recibiron un agasallo de gominolas de Gaspar e una marcapáxinas, alusivos ao tema deste curso que poderán colorear do xeito que queran.
No tempo da " HORA DE LER" baixaron á Biblioteca os nenos que lles correspondía recoller as Mochilas Viaxeiras. Asemade, os nenos do 6º curso, que farán de axudantes da Biblioteca, pasaron a recoller os seus distintivos.

A xornada foi un éxito!
 Os nenos marcháronse as súas aulas motivados, desexando recibir cedo moitas novas de Tintín.