Os nenos/as de 6º curso contaron aos nenos/ as de 4º curso moitas cousas sobre o proxecto que estiveron a desenvolver neste curso, basado no libro “ Tintín en el Tibet”.
Por grupos foron presentando toda a información recopilada, axudados por unha presentación en Power Point.
No primeiro lugar fixeron un resumo do libro.
A continuación, proporcionáronnos moitos datos sobre o Tíbet, algúns moi curiosos como a forma da súa bandeira que é diferente a todas as bandeiras. Faláronnos tamén do seu clima, xeografía, moeda, monumentos máis importantes e cultura.
Con esta Exposición dáse por rematada a SEMANA CULTURAL 2013
Agora todos/as os nenos/as de cada curso coñecen os traballos e as investigacións que se fixeron noutros cursos, en relación ao proxecto:
“ LENDO O MUNDO CON TINTÍN”.
Asemade os nenos/as e as mestras/es disfrutamos moito de esta experiencia de interrelación entre nenos/as de diferentes idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario