Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apadriñamento lector. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro 2021

 Hoxe tivemos un día moi intenso e cheo de sorpresas, no que o alumnado comezou o día recibindo recomendacións lectoras dos seus padriños e madriñas para conmemorar o día do libro.

Este curso os apadriñamentos lectores tiveron que ser a distancia por mor da covid e fixémolos de xeito telemático, pero non por iso foron menos emocionantes. Os maiores fixéronlle aos pequenos (afillados) unha recomendación lectora e intercambiaron agasallos personalizados que fixeron chegar a través d@s titores/as.

Deixámosvos algunhas imaxes...













Bo día do libro a tod@s!


miércoles, 25 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Chegou o gran día do APADRIÑAMENTO LECTOR. Os padriños e madriñas recollen aos seus afillad@s para lerlles un libro: un conto de dinosaurios, monstros, fadas ou princesas e sumerxerse nun montón de aventuras. É un día moi especial.Ao remate poden degustar unha saborosa e suculenta chuminada de Gaspar, a nosa mascota.


domingo, 22 de abril de 2018

Visita dos padriños e madriñas aos afillad@s

Como xa está preto o DÍA DO LIBRO, e como ven sendo habitual, os padriños e madriñas visitan aos seus afillad@s para preguntarlles as súas preferencias ou gustos pola lectura. Pasáronno moi ben e foi un momento moi entrañable.

miércoles, 10 de mayo de 2017

jueves, 20 de abril de 2017

XUNTANZA DE PADRIÑOS E MADRIÑAS CON AFILLADOS E AFILLADAS

O día 19, celebramos unha xuntanza de padriños e madriñas con afillados e afilladas.
Os nenos/as de 3 anos e 3º curso estrenáronse.
Os maiores acudiron ás aulas dos pequenos e estiveron un ratiño falando de moitas cousas, entre elas os padriños e madriñas preguntáronlles os gustos pola lectura, se lles gustan os libros de animais, de medo, de misterio, fantasía....etc. 
Dende hoxe ata o día 28  os padriños e madriñas poderán  buscar na biblioteca libros axeitados para contarlles aos seus afillado/as

martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO E DO APADRIÑAMENTO LECTOR

Como o día do libro foi o día 23, sábado, no colexio decidimos celebralo o luns, día 25.
Tivemos un pequeno acto no ximnasio, presentado por unha alumna e un alumno de 6º curso, no que lembramos porqué se celebra o día do libro e fixemos especial mención á vida de Cervantes, por ser este o IV centenario da súa morte. Miramos dous vídeos, un sobre a lectura e outro sobre a vida de Miguel de Cervantes.
Ao rematar fixemos tivemos unha xornada  de apadriñamento lector baixo o lema " Ao aire, libro". Cada  afillado/a foi a praia acompañado do seu padriño ou madriña que lle leu un conto. Despois da lectura, fíxose a entrega dos marcapáxinas personalizados que cada neno diseñou para os seus padriños e afillados. Máis tarde merendaron  e  xogaron un pouco,  entre varios nenos e nenas fixeron unha figura estupenda na area con forma do golfiño Gaspar, que, como sabedes, é a mascota da biblioteca. 
 Por último entregámoslle a cada neno/a un agasallo de gominola de Gaspar e outro con forma de corazón, por ser un día de moooitas emocións.
Rematamos esta xornada agotados pero moi contentos. Pasámolo moi ben!
Aquí tedes os vídeos que puxemos e as fotos deste día tan bonito.

martes, 19 de abril de 2016

PRIMEIRO ENCONTRO DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS COS SEUS AFILLADOS E AFILLADAS

Chegou unha carta de Gaspar ás aulas  informando dunha xuntanza dos padriños e madriñas cos afillados e afilladas  o venres, día 15 de abril.
O nenos de 3º e de 6º cursos estrenáronse como padriños e madriñas. Os de 3º dos nenos e nenas de 3 anos e os de 6º dos nenos e nenas de 2º curso. 
A próxima xuntanza será o día 25, que aproveitando a celebración do "Día do libro", cada padriño e madriña contará un conto ao seu afillado ou afillada.
Mirade as fotos!

viernes, 17 de abril de 2015

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS AOS AFILLADOS E AFILLADAS

 O venres, día 10, os padriños e as madriñas foron visitar aos seus  afillados e  afilladas.
Os nenos/as de 3 anos coñeceron aos seus padriños e madriñas.
Foi unha xornada moi especial!!
Agora os padriños e madriñas terán toda esta semana para elexir o libro que van ler o día 23  aos seus afillados e afilladas.
Non vos perdades as fotos!

sábado, 10 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR


O xoves, día 8 de maio, foi un gran día! Xa estábamos un pouco impacientes, tanto os padriños e madriñas coma os afillados/as, que pensabamos ter esta actividade o día 24 de abril, para completar as actividades do Día do Libro, pero como queriamos facelo ao aire libre e sempre estaba a chover  tivemos que ir pospoñéndoa.

Xa facía algún tempo que lle fixeran a visita na aula, para coñecerse e facerse a foto xuntos para o carnet. Asinaron os carnets e repasaron os compromisos. Mentres agardaban que chegase o día.

Así que por fin saíu o sol  e os padriños e madriñas , co seu conto na man,  que xa tiñan seleccionado e preparado,  esperaban ansiosos a sinal para ir ás aulas dos máis pequenos  e facerse cargo do seu afillado/a .

Collidos pola man baixaron cerimoniosamente as escaleiras e, xunto cos profes, dirixíronse ao lugar do patio grande que cada grupo tiña asignado..

O silencio reinaba na soleada mañá, e os case douscentos nenos e nenas, agrupados de dous en dous ou de tres en tres, semellaban fermosas frores de maio entre a herba. Soamente un leve murmurio de lecturas en voz baixa e os chíos dos paxariños  enchían o aire,

E  xa para rematar, de premio por tan bo comportamento lector, unha margarida de gominola para adozar esta fermosa mañá de primavera.

         Non vos perdades as fotos que contan moito máis que as palabras.