Mostrando entradas con la etiqueta Murais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Murais. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de febrero de 2011

O plano das árbores do colexio

Pois sí, na entrada ao colexio xa temos colocado o plano onde quedan reflectidas todas as árbores presentes nos exteriores da escola.
Aquí o tedes.
Se vos fixades ben, a esquerda do plano aparecen recollidos todos os tipos de árbores e situados co mesmo número no interior do plano.
A árbore escollida por cada aula queda representada por un círculo de cor e tamén se amosa a imaxe do grupo coa árbore correspondente.
 Por alí tamén se agachan Gaspar e Landro, os que desexan que este plano sexa do voso agrado.
Ata a próxima!!!

jueves, 10 de febrero de 2011

Cole, Bosques... remansos de PAZ

O pasado venres, 28 de xaneiro de 2011, celebramos no noso colexio o Día da Paz.
Como ben sabedes, o "tema" central de traballo deste curso escolar son os BOSQUES e que mellor forma de celebrar este día que elaborando no porche da entrada un gran BOSQUE DE PAZ.
Cada curso, elaborou na súa aula unha árbore onde as ramas e as follas eran as súas propias mans.
Chegadas as 12:30 horas da mañá, cada curso foi baixando ao porche do cole, acompañado da súa titora ou titor e da súa árbore.
Estas árbores foron depositadas no chan e o alumnado foi ocupando os bancos situados diante da corcheira da entrada.
Cando xa estivemos todos e todas, puidemos comezar a grapar as árbores á corcheira, elaborando un bosque onde o fondo de cada árbore era unha cor da CDU (o sistema que utilizamos na BiblioRía para clasificar os libros)
Aquí vos presentamos cada unha das árbores que forman este bosque de Paz.

3 anos

4 anos

5 anos

1º primaria

2º primaria A e B

3º primaria

4º primaria

5º primaria

6º primaria

Unha vez rematado o "grapado" das árbores, é dicir, unha vez formado o BOSQUE DA PAZ, comezou a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 6º curso de Primaria. Un neno e unha nena da aula procederon a súa lectura baixo a atención do resto de alumnado e profesorado.
A segunda parte da celebración do Día da Paz desenvolveuse no patio do colexio. Cada un dos cursos foi baixando a pista do patio, comezando polo alumnado de 3 anos ata rematar cos nenos e nenas de 6º curso de Primaria.
Todos unidos en varias rodas formamos varios círculos collidos das mans e agardamos ao son da canción para comezar o noso baile.
A interpretación da canción rematou cun "VIVA A PAZ" por parte do profesorado e alumnado. Grazas a nosa alumna Lucía de 6º curso de Primaria puidemos contar cunha pomba mensaxeira que ela, xunto con Andrés de 3 anos, botaron a voar para levar unha mensaxe de Paz a todo o mundo.
Foi unha xornada moi divertida pero tedes que lembrar que a PAZ A TEMOS QUE POÑER "A FUNCIONAR" TODOS OS DÍAS DO ANO, non soamente hoxe!!!
Xa para rematar, queremos compartir con todos e todas as imaxes do BOSQUE DA PAZ.

Elaboramos a nosa árbore favorita

Como xa vos comentabamos en entradas anteriores, cada unha das aulas do colexio elixiu unha das árbores do patio como favorita ou como a árbore que lle representa durante este proxecto.
Así, nos corredores da escola, podemos atopar a versión-mural elaborada polo alumnado; aquí vos amosamos o resultado:

3 anos: PLATANEIRO

4 anos: LOUREIRO

5 anos: MOREIRA

1º Primaria: CARBALLO

2º Primaria A: CERDEIRA

2º Primaria B: ÉRBEDO

3º Primaria: CARBALLO AMERICANO

4º Primaria : LIQUIDAMBAR

5º Primaria: BIDUEIRO

6º Primaria: CAMELIA XAPÓNICA ALBA PLENA