O pasado venres, 28 de xaneiro de 2011, celebramos no noso colexio o Día da Paz.
Como ben sabedes, o "tema" central de traballo deste curso escolar son os BOSQUES e que mellor forma de celebrar este día que elaborando no porche da entrada un gran BOSQUE DE PAZ.
Cada curso, elaborou na súa aula unha árbore onde as ramas e as follas eran as súas propias mans.
Chegadas as 12:30 horas da mañá, cada curso foi baixando ao porche do cole, acompañado da súa titora ou titor e da súa árbore.
Estas árbores foron depositadas no chan e o alumnado foi ocupando os bancos situados diante da corcheira da entrada.
Cando xa estivemos todos e todas, puidemos comezar a grapar as árbores á corcheira, elaborando un bosque onde o fondo de cada árbore era unha cor da CDU (o sistema que utilizamos na BiblioRía para clasificar os libros)
Aquí vos presentamos cada unha das árbores que forman este bosque de Paz.
3 anos
4 anos
5 anos
1º primaria
2º primaria A e B
3º primaria
4º primaria
5º primaria
6º primaria
Unha vez rematado o "grapado" das árbores, é dicir, unha vez formado o BOSQUE DA PAZ, comezou a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 6º curso de Primaria. Un neno e unha nena da aula procederon a súa lectura baixo a atención do resto de alumnado e profesorado.
A segunda parte da celebración do Día da Paz desenvolveuse no patio do colexio. Cada un dos cursos foi baixando a pista do patio, comezando polo alumnado de 3 anos ata rematar cos nenos e nenas de 6º curso de Primaria.
Todos unidos en varias rodas formamos varios círculos collidos das mans e agardamos ao son da canción para comezar o noso baile.
A interpretación da canción rematou cun "VIVA A PAZ" por parte do profesorado e alumnado. Grazas a nosa alumna Lucía de 6º curso de Primaria puidemos contar cunha pomba mensaxeira que ela, xunto con Andrés de 3 anos, botaron a voar para levar unha mensaxe de Paz a todo o mundo.
Foi unha xornada moi divertida pero tedes que lembrar que a PAZ A TEMOS QUE POÑER "A FUNCIONAR" TODOS OS DÍAS DO ANO, non soamente hoxe!!!
Xa para rematar, queremos compartir con todos e todas as imaxes do BOSQUE DA PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario