miércoles, 9 de febrero de 2011

Reparto das árbores do colexio

Durante todo este ano 2011, se conmemora o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES.


Xa dende principios do curso escolar, estamos a desenvolver na nosa escola un proxecto centrado neste tema e que leva por título "OS TESOUROS DOS BOSQUES".
Como no noso cole temos a sorte de poder contar cunha gran cantidade de árbores, cada aula elixiu unha que lle "representará" durante todo o curso.
así quedou a distribución:

3 ANOS: PLATANEIRO
4 ANOS: LOUREIRO
5 ANOS: MOREIRA
1º PRIMARIA: CARBALLO
2º PRIMARIA A: CERDEIRA
2º PRIMARIA B: ÉRBEDO
3º PRIMARIA: CARBALLO AMERICANO
4º PRIMARIA: LIQUIDAMBAR
5º PRIMARIA: BIDUEIRO
6º PRIMARIA: CAMELIA XAPÓNICA ALBA PLENA

Cada unha das aulas (dependendo do seu nivel) traballará todas as árbores do colexio, as súas características, o nome en galego e en castelán, o seu nome científico,...
Outras aulas investigarán máis a fondo e descubrirán as árbores presentes na nosa localidade, en Galicia,...
Grazas a mestra Marina, contamos na nosa BiblioRía cun "catálogo florístico" onde se recollen todas as árbores dos exteriores do colexio, a súa distribución e todas as características das mesmas.
En breves, "colgaremos" toda esta información no noso blogue para a poder compartir con todos os nosos usuarios e usuarias así que estade ben atentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario