martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO E DO APADRIÑAMENTO LECTOR

Como o día do libro foi o día 23, sábado, no colexio decidimos celebralo o luns, día 25.
Tivemos un pequeno acto no ximnasio, presentado por unha alumna e un alumno de 6º curso, no que lembramos porqué se celebra o día do libro e fixemos especial mención á vida de Cervantes, por ser este o IV centenario da súa morte. Miramos dous vídeos, un sobre a lectura e outro sobre a vida de Miguel de Cervantes.
Ao rematar fixemos tivemos unha xornada  de apadriñamento lector baixo o lema " Ao aire, libro". Cada  afillado/a foi a praia acompañado do seu padriño ou madriña que lle leu un conto. Despois da lectura, fíxose a entrega dos marcapáxinas personalizados que cada neno diseñou para os seus padriños e afillados. Máis tarde merendaron  e  xogaron un pouco,  entre varios nenos e nenas fixeron unha figura estupenda na area con forma do golfiño Gaspar, que, como sabedes, é a mascota da biblioteca. 
 Por último entregámoslle a cada neno/a un agasallo de gominola de Gaspar e outro con forma de corazón, por ser un día de moooitas emocións.
Rematamos esta xornada agotados pero moi contentos. Pasámolo moi ben!
Aquí tedes os vídeos que puxemos e as fotos deste día tan bonito.

lunes, 25 de abril de 2016

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS DO MES DE ABRIL

Comezamos a segunda fase do obradoiro de emocións.
Nestas sesións as psicólogas ensinaron aos nenos/as técnicas para o control da ira, técnicas de autoestima, de relaxación e de resolución de conflictos.
Fixeron dinámicas de grupo para a resolución de conflictos coa finalidade de que aprendan e automaticen o que se debe facer nunha situación de conflicto.
Deixáronnos uns agasallos: o bote da relaxación, a ruleta, o tren de emocións...etc
Ademais facilitaron aos titores propostas de intervención na aula por escrito.
Estamos rematando os obradoiros de emocións. Só nos  queda unha sesión no mes de maio.  
Está resultando mooooi interesante para os nenos/as e para os mestres/as!!!!
 Aquí tedes as fotos.

martes, 19 de abril de 2016

PRIMEIRO ENCONTRO DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS COS SEUS AFILLADOS E AFILLADAS

Chegou unha carta de Gaspar ás aulas  informando dunha xuntanza dos padriños e madriñas cos afillados e afilladas  o venres, día 15 de abril.
O nenos de 3º e de 6º cursos estrenáronse como padriños e madriñas. Os de 3º dos nenos e nenas de 3 anos e os de 6º dos nenos e nenas de 2º curso. 
A próxima xuntanza será o día 25, que aproveitando a celebración do "Día do libro", cada padriño e madriña contará un conto ao seu afillado ou afillada.
Mirade as fotos!

domingo, 17 de abril de 2016

VISITA DE MANUEL SOLLA

Hoxe, contamos na biblioRía coa visita do contacontos Manuel Solla, para animar as lecturas de 3º e 4º curso, por cortesía da editorial S.M.
No 3º curso leron o libro" La princesa triste" e os de 4º curso " Querido Max". Ambolos dous tratan de emocións diferentes. No primeiro a protagonista é a tristeza e no segundo o enfado ademais doutros valores.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos as actividades grupais que se lle propuxeron, como escenificar esceas do libro e adiviñalas, debuxar animais que aparecen no libro...etc
Cando rematamos as dúas sesións os nenos e nenas aplaudironlle e dende a biblioteca lle dimos un agasallo de Gaspar. Para rematar a actividade Manuel deixou os seus comentarios no "libro de honor da biblioRía".
Aqui tedes as fotos!
 

martes, 5 de abril de 2016

RECITAL DE POESÍA

O luns, día 4 de abril, celebramos o DÍA DA POESÍA no ximnasio do colexio.
Como xa sabedes o día da poesía foi o 21 de marzo, pero non puidemos celebralo por estar de vacacións  e non quixemos deixar esta data atrás, pois o tema do proxecto deste curso está moi relacionado coa poesía.
Antes do recital miramos un vídeo para lembrar como se fai un poema.
De xuntar poesías e emocións saíron todos estos poemas que se van recitar.
 Alex e Borja fixeron de presentadores estupendamente. 
Aquí tedes o programa e máis abaixo as fotos.
 

CURSOS
TÍTULO DAS POESÍAS
3 anos
Poesía cantada: “ Ser amigos é mellor que estar enfadados”
4 anos
“ la gratitud”
5 anos
“ El fantasma cucufate”
1º curso
“Para sentir ten que vivir”
“ Qué rabia”
“Los sentimientos se van de acampada”

2º curso
“Os monstruos de cores”
“Mama´”
3º curso
“ La alegría”
4º curso
“ O sol”
“Lio de emocións”
5º curso
“A mi amigo Sol”
“Escribo coas túasbágoas”
“ Poesía de emocións”
“tristeza”
6º curso
“ As emocións”
“ Todas no bote”
“ Tus emociones”
“ As miñasemocións”



CONVIVENCIA CHEA DE EMOCIÓNS

O venres 1 de abril, celebramos no colexio unha xornada de convivencia co colexio " Anfonso Rodríguez Castelao", de Navia.
Houbo danzas, xogos, merenda, manifesto, solta de pombas e entrega de agasallos. Todas as  actividades estiveron sinaladas con debuxos de monstruos ou de emoticonos.
Unha das actividades  polas que pasaron todos/as os nenos/as dos dous colexios foi na biblioteca.
Escenificamos o conto " El monstruo de colores", coa axuda de seis nais: Claudina, Noemí, Antonia, Nuria, Encarna e Carolina.
  Dende a nosa biblioteca quixemos darlles para a biblioteca do colexio Castelao,  un peluche de monstruo de cor verde, feito a man.
Se queredes ter máis información sobre o resto das actividades tedes que ir a páxina web do colexio.
Aquí os deixamos as fotos da actividade da biblioteca.
Temos que agradecer moito o traballo e a dedicación das nais que colaboraron neste conto  e que o fixeron estupendamente.
Mirade as fotos!