martes, 17 de diciembre de 2019

Mochilas viaxeiras



 
Xa comenzaron a saír as MOCHILAS VIAXEIRAS cheas de aventuras e ilusión. Esperamos que vos vos gusten

domingo, 3 de noviembre de 2019

MAKING OF

O "making of " da festa do Día das Bibliotecas fíxose grazas á colaboración de moitas persoas. Todos e todas aportaron o seu gran de area: familias, alumnado, profesorado, persoal non docente. dende o equipo queremos agradecer a todos a vosa colaboración.


 

martes, 29 de octubre de 2019

SAMAÍN

 Xa chegou o tempo do SAMAÍN e o alumnado está a facer un montón de cabazas decoradas. Podedes visitar o blogue de galego e comprobaredes a imaxinación dos nosos pequechos.
 Que medo!!
http://embarcatenogalego.blogspot.com/2019/10/samain.html



LIBROS DE MEDO
Achegamos unha pequena recompilación de libros de medo que poderedes atopar na BiblioRía








domingo, 27 de octubre de 2019

FESTA NO DIAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis , dende o equipo de biblioteca, e coa colaboración das familias, do Oceanográfico e de todo o persoal docente celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES cun montón de talleres. Disfrutamos un montón.

GRAZAS POR TODO!!





Se queredes ver os vídeos e curtametraxes visionados durante a festa , preme nas fotos de abaixo


http://www.fundacionreinasofia.es/spot/lemon-envases-con-buen-final.html

https://www.youtube.com/watch?v=WkWs2ljF904

http://www.sogama.gal/es/info/os-bolechas






DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1253

lunes, 17 de junio de 2019

DESPEDIDA DA BIBLIORÍA E...

E xa rematamos este curso dando as grazas a todos e todas. A todos os que colaborasteis á remodelación da biblioteca, aos alumnos axudantes e tamén a todos os usuarios que disfrutan a tope mergullándose nun sinfín de aventuras.
Deixámosvos cun video de Cunquiña e Buxaina e coa colaboración dos vecinos que o fixeron con moito cariño. GRAZAS!!


https://www.youtube.com/watch?v=ezlD79zexgg



CONTACONTOS con Ángeles Escribano

Para clausurar este curso a nosa Biblioteca, visitounos Ángeles Escribano, mestra xa xubilada que continúa disfrutando co mundo dos libros . Falounos de ROAL DAHL,escritor británico coñecido especialmente como autor de narracións infantís e xuvenís. Mirade que ben o pasamos. Moitas grazas, Ángeles!!




https://www.youtube.com/watch?v=Y0-YfaHzCnU


lunes, 10 de junio de 2019

Quedada literaria

O pasado luns 27 de maio celebrouse, un ano mais, a QUEDADA LITERARIA no Parque de Castrelos. Todos disfrutaron dunha xornada de lectura con outros colexios de Vigo.Un momento importante para compartir lecturas !



https://www.youtube.com/watch?v=4hhoEfHN5Oc

jueves, 2 de mayo de 2019

1º DÍA DA NOVA BIBLIOTECA

E, como xa estaban desexando ir a biblioteca, hoxe acudiron un montón de rapaces e disfrutaron de verdade.







Festa coas familias

As familias tamén disfrutaron dunha tarde de festa despois de ver a nova biblioteca. Houbo sorteos e agasallos e tamén uns aperitivos elaborados na cociña do centro. Moitas Grazas a todos e … A disfrutar coa lectura!.








miércoles, 1 de mayo de 2019

Festa cos padriños e madriñas

Co gallo da nova biblioteca, os padriños e madriñas acompañados dos seus afillados pasaron un bo rato lendo xuntos no patio. A continuación degustaron unha chocolatada que estaba exquisita.

Inauguración Biblioteca

Os nen@s de 6º foron os encargados de facer a presentación da nova biblioteca. Xa que este ano o tema do Proxecto é "Cociñando Contos", os presentadores estiveron ataviados con atuendos culinarios.







E tamén o "chef" desta marabillosa BiblioRía.



Tamén tivemos  a sorte de ter música en directo interpretada polo alumnado de 6º de E.Primaria e tamén de Susa Herrera coa que cantamos varias cancións, acompañada polos profes Iria, Lupe e Juanca.


lunes, 29 de abril de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA


 E chegou o gran día: a inauguración da biblioteca. 
 Unha nova biblio donde, cos esforzos de moita xente, descubriredes un montón de marabillosas historias e aventuras. 


Gaspar xa estaba desexando volver cun montón de aventuras e novidades.





Dende o Ceip Ría de Vigo queremos convidarvos a participar na actividade solidaria "un marcapáginas para la solidariedad"
https://www.savethechildren.es/centros-educativos/marcapaginas-por-la-solidaridad