Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de enero de 2021

Camiño á Paz

Ao longo desta semana cada unha das aulas do centro decorou unha peza deste gran quebracabezas que conforma o noso propio camiño cara a paz, coroado coa lendaria frase de Gandhi.

 




 

Ademais, os nenos/as de 1º deleitáronnos con este fermoso recital sobre as apertas, do libro-CD "A nena e o grilo" de Maxín Branco, e cun poema de "cantarola dos nenos" de Xosé Neira Vilas, ambos recollidos no seguinte vídeo.


Bo día da Paz!

martes, 26 de enero de 2021

SEMANA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz, o equipo que formamos os traballadores do Ría querémosvos deixar unha mensaxe especial. 
Esperamos que vos guste!


Saúde, paz e amor para tod@s!
 
 

jueves, 2 de febrero de 2017

A PAZ, MARABILLA UNIVERSAL

O día 30 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ. 
Na corcheira do porche as marabillas enchéronse de letras anunciando a paz no idioma que se fala nos países das distintas marabillas e co lema " A paz , marabilla universal"
Mirade as fotos! 






jueves, 2 de febrero de 2012

"Me llamo Paz", de Anna Obiols

Grazas ao blogue de Belén Junquera (http://www.madenglishouse.eu/bitacora/) podemos disfrutar dunha interesante seleción de recursos para a Paz... aquí vos deixamos "Me llamo Paz" de Anna Obiols e vos invitamos a que visitedes o seu blogue para disfrutar dunha morea de recursos.

Lecturas recomendadas sobre a PAZ

Durante estes días, unha morea de selecións de libros inundan os blogues e páxinas web de diferentes colexios, etc.
O día 30 de xaneiro, se celebrou o día da paz e a non violencia  en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi.  
Dende a nosa BiblioRía, queremos compartir con vós esta pequena recompilación de exemplares así como outras seleccións moi interesantes atopadas na rede.

O PAÍS DOS MANDÓNS
Paloma Rodríguez e Cristina Justo
Ilustracións: Spela trobec
Edicións Embora 2010
ISBN: 978-84-92644-16-2

COLORES QUE SE AMAN
Paco Abril
Ilustracións: Anne Decis
Editorial Everest S.A. 2005
ISBN: 84-241-7989-7

¡DÉIXAME EN PAZ!
Contos do dereito e do revés. Tomo 10.
Sonia Cáliz
Ilustracións: Pilarín Bayés
Xunta de Galicia 2001
ISBN: 84-453-3231-76

NEGROS E BRANCOS
David McKee
Xerais, 2008
ISBN: 978-84-9782-707-2

LA VIOLENCIA Y LA NO-VIOLENCIA
Piruletas de Filosofía
Brigitte Labbé e Michel Puech
Ilustracións: Jacques Azam
ISBN: 84-675-0223-1

LA GUERRA Y LA PAZ
Piruletas de Filosofía
Brigitte Labbé e Michel Puech
Ilustracións: Jacques Azam
ISBN: 84-348-8978-1


EL PEQUEÑO LIBRO DE LA PAZ
Geronimo Stilton
Editorial Destino
ISBN: 84-08-04978-X

SI EL MUNDO FUERA UNA ALDEA DE 100 PERSONAS
Ikeda Kayoto e C. Douglas Lummis
Ilustracións: Yamauchi Masumi
El Aleph Editores
ISBN: 84-7669-625-6

NIN UN BIQUIÑO Á FORZA
Marion Mebes
Ilustracións: Lydia Sandrock
Xunta de Galicia, 2002

¿QUÉ ES LA PAZ?
Emma Damon
Ediciones Beascoa, 2004
ISBN: 9788448820527



RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA A PAZ Elaborada polo Equipo de biblioteca do C.E.I.P. VÍCTOR SAENZ (Mazaricos)

jueves, 10 de febrero de 2011

Cole, Bosques... remansos de PAZ

O pasado venres, 28 de xaneiro de 2011, celebramos no noso colexio o Día da Paz.
Como ben sabedes, o "tema" central de traballo deste curso escolar son os BOSQUES e que mellor forma de celebrar este día que elaborando no porche da entrada un gran BOSQUE DE PAZ.
Cada curso, elaborou na súa aula unha árbore onde as ramas e as follas eran as súas propias mans.
Chegadas as 12:30 horas da mañá, cada curso foi baixando ao porche do cole, acompañado da súa titora ou titor e da súa árbore.
Estas árbores foron depositadas no chan e o alumnado foi ocupando os bancos situados diante da corcheira da entrada.
Cando xa estivemos todos e todas, puidemos comezar a grapar as árbores á corcheira, elaborando un bosque onde o fondo de cada árbore era unha cor da CDU (o sistema que utilizamos na BiblioRía para clasificar os libros)
Aquí vos presentamos cada unha das árbores que forman este bosque de Paz.

3 anos

4 anos

5 anos

1º primaria

2º primaria A e B

3º primaria

4º primaria

5º primaria

6º primaria

Unha vez rematado o "grapado" das árbores, é dicir, unha vez formado o BOSQUE DA PAZ, comezou a lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 6º curso de Primaria. Un neno e unha nena da aula procederon a súa lectura baixo a atención do resto de alumnado e profesorado.
A segunda parte da celebración do Día da Paz desenvolveuse no patio do colexio. Cada un dos cursos foi baixando a pista do patio, comezando polo alumnado de 3 anos ata rematar cos nenos e nenas de 6º curso de Primaria.
Todos unidos en varias rodas formamos varios círculos collidos das mans e agardamos ao son da canción para comezar o noso baile.
A interpretación da canción rematou cun "VIVA A PAZ" por parte do profesorado e alumnado. Grazas a nosa alumna Lucía de 6º curso de Primaria puidemos contar cunha pomba mensaxeira que ela, xunto con Andrés de 3 anos, botaron a voar para levar unha mensaxe de Paz a todo o mundo.
Foi unha xornada moi divertida pero tedes que lembrar que a PAZ A TEMOS QUE POÑER "A FUNCIONAR" TODOS OS DÍAS DO ANO, non soamente hoxe!!!
Xa para rematar, queremos compartir con todos e todas as imaxes do BOSQUE DA PAZ.