martes, 24 de mayo de 2011

Vicentiño e as árbores da paz

Esta mañá, recibimos a visita do contacontos Servando que nos trouxo "Vicentiño e as árbores da paz".
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que moran nos bosques, nos ríos e nos mares. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ,  a dun carballo que naceu na bota dun soldado, a dun trasno que vai deitando lixo pola mata...
Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha presentación de imaxes... agardamos que vos guste...


Aquí vos deixamos o enlace a súa páxina web onde poderedes coñecer máis cousiñas sobre este contacontos, así como a páxina de "contos Solidarios" na que participa.

http://www.touporroutou.webs.com/

http://www.contosolidarios.org/

http://www.contosolidarios.org/cantos.htm

viernes, 20 de mayo de 2011

Actividades Día das Letras Galegas

Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos traballar con autores homenaxeados noutras ocasións así como co protagonista deste ano, Lois Pereiro.
Ao longo de todo o porche do colexio, colocamos as diferentes láminas que recollen momentos da súa vida así como os traballos que cada unha das aulas elaboraron para facer unha pequena mostra.
Os nenos e nenas de 3 anos, estiveron a traballar a figura de Rosalía de Castro.
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
O alumnado de 1º e 2ºA de primaria traballaron con Lois Pereiro.
Manuel María foi o protagonista na aula de 2ºB; os nenos e nenas da aula traballaron a poesía titulada "Galicia" e fixeron un mosaico con palabras que definen a nosa comunidade.
Lois Pereiro tamén foi o escollido polo alumnado de 3º de Primaria.
"Soños na gaiola", de Manuel María, foi a poesía elixida polos nenos e nenas de 4º de Primaria.
5º de Primaria traballou cos Homenaxeados no século XX e fixo este mural.
E, por último, os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron a Vida e contexto de Lois Pereiro.

martes, 17 de mayo de 2011

17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de Maio de 2011, celebramos o Día das Letras Galegas cun protagonista: LOIS PEREIRO.
Se queredes acceder a toda a información que temos recollida neste blogue, preme na imaxe do autor que aparece abaixo.
Por outro lado, queremos compartir con todos un vídeo elaborado polos nosos compañeiros da Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES. CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol) sobre a figura de Lois Pereiro... GRACIAS compañeir@s.
(preme na imaxe do vídeo para acceder ao mesmo)
Que teñades un bo día das Letras Galegas!!!



martes, 10 de mayo de 2011

Recursos Lois Pereiro

A CDEDLG de Vigo e bisbarra pon á vosa disposición un novo blogue dentro do apartado "Dinamizacdedlg" adicado á figura de Lois Pereiro. Aí podedes atopar enlaces de interese, información variada, videos e outros sobre o autor homenaxeado este ano no "Día das Letras Galegas".
(preme na imaxe ou no enderezo para acceder a este espazo web)



 Por outro lado, tamén poderedes acceder á páxina web do autor premendo na imaxe de abaixo.