lunes, 29 de febrero de 2016

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS CO EMOCIONÓMETRO


Os nenos e nenas do Infantil, 1º e 2º cursos  están a traballar as emocións co libro " EL monstruo de colores", que chegou fai un tempo coa maleta da biblioRía acompañado de moitas actividades.
Fixeron un EMOCIONÓMETRO cos monstruos de colores.Esta  é unha actividade que serve para que cada neno/a sexa quen de  identificar as súas emocións e falar delas.
Cada mañá os nenos/as collen a súa pinza e a colocan no montruo co que se sinten identificados: amarelo se se sinten ledos/as, azul se están tristes, vermello se sinten rabia, verde se están en calma, negro se teñen medo e rosa se están namorados.
Mirade as fotos!

jueves, 25 de febrero de 2016

COCIÑANDO COAS EMOCIÓNS

A semana pasada os nenos e nenas de 1º e 2º cursos fixeron un obradoiro de emocións.
Elaboraron, no comedor do colexio, coa axuda das titoras, unhas galletas de manteiga con distintas formas; algunhas con forma de corazón.
Mirade as fotos!!
Pasárono moi ben!! e as galletas estaban riquísimas!


OBRADOIRO DE EMOCIÓNS on PhotoPeach

martes, 16 de febrero de 2016

GASPAR CHEGA CUNHA NOVA ACTIVIDADE

Esta semana chegou unha carta de Gaspar ás aulas propoñendo unha actividade moi bonita para os nenos e nenas de 5 anos de Infantil e toda primaria.
Como foi o día de San Valentín e este curso tratamos as emocións, Gaspar falounos dunha emoción moi importante en todos nós: O AMOR. 
A actividade consiste en facer un cariñograma, é dicir, enviar mensaxes de cariño, amizade, agradecemento e amor entre os compañeiros/as, deste xeito poderemos descubrir as cualidades propias e dos demais compañeiros e por suposto emocionarnos moito.
Pronto as paredes dos corredores estarán cheas de mensaxes!
 Estade atentos! cando estean os cariñogramas preparados, poderedes ver as fotos neste blogue. 

lunes, 8 de febrero de 2016

ENTROIDO CHEO DE EMOCIÓNS

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar as emocións co lema
 " EMOCIÓNATE COA LECTURA".
Deste xeito tivemos un entroido cheo de emocións
Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º cursos disfrazáronse de monstruos de cores, baseado no conto sobre emocións que están a traballar na clase.
Ó principio o monstruo estaba liado, sentindo moitas emocións ao mesmo tempo, mais ó final axudado por unha nena xa soubo colocalas cada unha no seu sitio.
Uns nenos e nenas foron de monstruos amarelos, que simbolizan a alegría, outros de verde, representando a calma, outros de vermello, coa ira como protagonista e outros de azul, que é a cor da tristeza. Faltou o monstruo negro, que simboliza o medo e todos/as quixemos poñerllo como meco e queimalo, para que o medo non nos acompañe nunca máis.
Despois do desfile e da queima do meco, degustamos os riquísimos postres do entroido que trouxeron os nenos/as.
Se queredes ver as fotos premede no enlace de abaixo. tedes máis fotos na páxina web do colexio e do Anpa e no blogue de Infantil.