Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos traballar con autores homenaxeados noutras ocasións así como co protagonista deste ano, Lois Pereiro.
Ao longo de todo o porche do colexio, colocamos as diferentes láminas que recollen momentos da súa vida así como os traballos que cada unha das aulas elaboraron para facer unha pequena mostra.
Os nenos e nenas de 3 anos, estiveron a traballar a figura de Rosalía de Castro.
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
O alumnado de 1º e 2ºA de primaria traballaron con Lois Pereiro.
Manuel María foi o protagonista na aula de 2ºB; os nenos e nenas da aula traballaron a poesía titulada "Galicia" e fixeron un mosaico con palabras que definen a nosa comunidade.
Lois Pereiro tamén foi o escollido polo alumnado de 3º de Primaria.
"Soños na gaiola", de Manuel María, foi a poesía elixida polos nenos e nenas de 4º de Primaria.
5º de Primaria traballou cos Homenaxeados no século XX e fixo este mural.
E, por último, os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron a Vida e contexto de Lois Pereiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario