miércoles, 2 de febrero de 2011

GASPAR PRESÉNTANOS A LANDRO

A principios do mes de outubro, unha carta de Gaspar chegou as nosas aulas.

Queridos nenos e nenas:
                                Como estades?  Son Gaspar, e xa estou outra vez agardando por vos na BiblioRía.
Acabo de chegar das miñas vacacións que pasei nadando polo Océano Atlántico, visitando as costas de moitos países.  Vivín moitas aventuras, pero xa vos botaba de menos, e tamén estrañaba  moito o conto que leo antes de durmir . . .
Nesa viaxe sucedeume algo moi sorprendente. É unha longa historia: Unha noite de lúa chea, estaba eu nadando  tranquilamente a carón das Illas Cíes, cando sentín un golpe na cabeza, pensei que o acantilado  estábase derrubando, pero non era así. Entón escoitei unha voz pedindo socorro. Mirei arredor e vin unha criatura diminuta que me chamaba desesperada.
Dun coletazo subina ao meu lombo. Nunca tal vira! Que ser tan especial!
Pois si, era un trasniño. Un pequeno trasno que vive nos bosques dende tempos remotos, pero non sabía nadar e case afoga. Menos mal que eu estaba alí!
Díxome que se chamaba Landro e fixémonos amigos.  Contoume a súa vida e descubrín que sabe moitas cousas da Natureza, bosques e árbores . . . e acordeime de vós, porque escoitei que este é o Ano Internacional dos Bosques, e seguro que queredes aprender moitas cousas sobre eles. El pode axudarvos.
 Conteille que eu normalmente vivo no mar, pero que paso as noites na BiblioRía, a Biblioteca do CEIP Ría de Vigo, donde están os contos que leo polas noites, e outros  libros con historias que os nenos e nenas queren saber.
Conseguín convencelo e acompañoume. Agora estamos aquí , neste lugar máxico. Recordade ben as NORMAS e vinde a disfrutar de todas as aventuras que contan os libros dos nosos andeis.
Un bico moi grande.

Landro  e  Gaspar

Pois sí, un novo amigo está agachado na BiblioRía: LANDRO. Grazas a él, coñeceremos moitas cousas sobre as árbores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario