26 de OUTUBRO do 2010
Inicio das actividades na nosa BiblioRía
O pasado martes, 26 de outubro de 2010, inauguramos un novo curso escolar na nosa BiblioRía.
Os nenos/as do colexio e os mestres e mestras pasaron por este espazo e puideron descubrir algunhas das novas presentes na biblioteca durante este curso escolar, así coma recibir un agasallo que Gaspar lles tiña preparado.
Como xa sabedes, este ano 2011 foi escollido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como "O Ano Internacional dos Bosques". Dende a BiblioRía, cumprindo coa nosa función de dinamizar o centro, queremos traballar e formar parte deste proxecto durante este presente curso escolar, polo que moitas serán as actividades a desenvolver por todas as aulas: investigacións, coñecementos, descubrimentos, boas prácticas... terán unha forte presenza durante o curso escolar 2010/2011. Xunt@s descubriremos "OS TESOUROS DO BOSQUE".
A mañá comezou cunha gran sorpresa para o alumnado: as dúas portas de entrada da BiblioRía estaban decoradas cunhas cortinas de follas; estas follas representaban algunhas das árbores do noso centro (cada aula escolleu unha árbore das presentes no colexio)
A continuación, observaron a nova decoración da biblio, a cantidade de libros dos estantes, saludaron a Gaspar e visualizaron o vídeo proxectado durante a Inauguración do ano pasado.
Para rematar a visita, que mellor que un agasallo para o alumnado e o profesorado. Gaspar tiña preparadas unhas boísimas gominolas para os nenos e nenas, e o profesorado recibiu un broche alusivo ao tema dos bosques, elaborado polas mestras Ángeles, Begoña e Paula.
Por outra banda, fíxose entrega ao alumnado de educación infantil dunhas mochilas que substitúen aos cartafois utilizados ata o momento para o préstamo de libros... e que a mestra Emma non dubidou en poñerse.
Unha xornada moi divertida e cargada de novas para todos e todas. En breves, moitas máis sorpresas aparecerán polo colexio así que estade moi atentos/as!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario