domingo, 30 de enero de 2011

A MIÑA INAUGURACIÓN

POR FIN CHEGOU A...

INAUGURACIÓN
DA
 iblio ía
 
 
23 de ABRIL do 2010

Por fin chegou o esperado 23 de Abril, o "Día do Libro", pero tamén unha data moi especial... Sabedes cal é o motivo???... Pois porque celebramos A INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA!!!
Aquí vos deixamos un dos carteis colocados no exterior das súas portas. Dende aquí, felicitamos ao Equipo de Biblioteca pola súa labor INCANSABLE durante estes dous últimos anos.
Durante toda a semana, ultimamos os detalles para que a "Biblio" do cole estivera "a punto" para a súa inauguración e, a verdade, e que o resultado foi excelente. Disfrutamos dunha xornada de emocións, festa, alegría e, sobre todo, de difusión e amor pola lectura.
Para comezar o día, un baile nunca ben mal!!!... polo que, os nenos e nenas do cole, e tamén os mestres e as mestras, bailamos e cantamos ao ritmo dunha coñecida canción "customizada" para o Día do Libro... Aquí vos deixamos a versión americana que nos inspirou, atopada pola mestra Begoña no Youtube.

Despois de mover un pouco o corpo, subimos a Biblioteca para levar a cabo a inauguración oficial da nosa BiblioRía.
Un neno e unha nena de cada aula foron os representantes do alumnado do centro; recibimos tamén a presenza doutras persoas moi importantes durante todo este longo proceso de transformación. Alí estaba o Equipo de Biblioteca ao completo: a súa coordinadora Marina, as súas compoñentes e mestras que pertenceron ao Equipo e que xa non están no cole (María) ou están xubiladas (Pilar, Charo e Isabel).
Como non, non podería faltar o Asesor do Cefore que nos axudou durante a realización do Grupo de Traballo (Manuel Huerta) e as docentes que nos formaron (Rocío e máis Montse-mestras do Ceip. O Pombal).
Por alí, tamén estaba a asesora de bibliotecas escolares de Galicia (Pilar), o noso inspector (Emilio Bonome) e dúas representantes da nosa ANPA.
Chegou o momento de entrar na BiblioRía, pero antes temos que cortar a cinta, como en todas as inauguracións. Un alumno de 6º curso e unha nena de 3 anos son os protagonistas do momento; Laura e Miguel Garza fan os honores... menuda emoción!!!
Xa podemos entrar. A música do canon de Pachelbel acompaña aos asistentes mentras admiran a gran transformación que sufríu no que, nun principio, eran dúas aulas unidas por tirar un tabique e, agora, unha gran e fermosa biblioteca escolar.
É o turno de Miguel e Diana, que dan a Benvida aos alí presentes e len un fermoso texto, elaborado pola nosa Orientadora Marilú.
Tócalle agora o turno a Marina, a coordinadora do Equipo de Biblioteca, que dedica unhas bonitas e emocionadas palabras de agradecemento a todas aquelas persoas que participaron en toda esta labor. Dende a nosa páxina web, tamén queremos decirlle a ela: MOITAS GRAZAS MARINA!!!. A ti e máis a todo o Equipo de Biblioteca!!!
Para pechar o acto, nada mellor que un vídeo-resumo do que foron estes dous anos de traballo (Grazas a Carlos Encisa pola súa producción) e as correspondentes sinaturas e comentarios no noso Caderno de Bitácora no que xa estaba a reflexión de Gaspar...

Posteriormente, todo o alumnado do centro puido pasar pola BiblioRía e recoller o seu agasallo. Moitas sorpresas nos agardan a partires de agora; dende aquí, estaredes informados de todas as novas e, por suposto, GRAZAS A TODOS OS ASISTENTES POR VIVIR CON NÓS UNHA XORNADA TAN IMPORTANTE PARA O NOSO COLEXIO... ATA A PRÓXIMA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario