domingo, 30 de enero de 2011

A MIÑA HISTORIA

ÉRASE UNHA VEZ...


A historia da nosa mascota, empeza como un dos que podemos ler nas bibliotecas e di así: "Érase unha vez, unha misteriosa carta que chegou a todas as aulas do cole Ría de Vigo no mes de novembro..." agora, seguide a historia e poderedes ir descubrindo, pouco a pouco, o seu desenlace...
"... esta carta a escribira un golfiño que dicía ter nome de Rei Mago e vir pasar as noites á nosa biblioteca, queixándose de que era pequena. Ademais, non contento con isto, pediunos que o debuxásemos segundo imaxinabámolo"
Os nenos e nenas do cole, fixemos o que o golfiño pedía na carta e, o resultado, foi moi divertido. O equipo da biblioteca seleccionou todos estes debuxos colgados no Porche do noso cole"
"¡Xa sabemos como se chama a nosa mascota!: GASPAR é o seu nome. Recollemos pois un montón de noticias da prensa que falaban de Gaspar e así soubemos unha chea de datos como os seguintes:
- Chegou ás nosas costas dende a Bretaña Francesa
- Vírono, por primeira vez, un día de Reis e por iso lle puxeron o nome de Gaspar.
- É moi sociable.
- Non se lle pode tocar nin dar comida
... ademais, aproveitamos para localizar nun mapa de Galicia, os portos que Gaspar foi visitando"
Despois de todo isto, decidimos que GASPAR  fora a MASCOTA da nosa BIBLIOTECA!... BENVIDO AO NOSO COLE"

"Pero a historia non remata aquí... todavía queda por coñecer ao noso gañador ou gañadora do debuxo, polo que estade moi atentos e prestade moita atención xa que, dentro de moi pouquiño, coñeceremos o desenlace desta historia"
O DESENLACE...
"Chegou o día... o gañador é... o debuxo de LUIS, un neno de 6º... mirade que ben está. A partires de hoxe, este golfiño formará parte do noso cole e, por suposto DA NOSA BIBLIOTECA. E, como rematan os contos, COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO"

No hay comentarios:

Publicar un comentario