sábado, 10 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR


O xoves, día 8 de maio, foi un gran día! Xa estábamos un pouco impacientes, tanto os padriños e madriñas coma os afillados/as, que pensabamos ter esta actividade o día 24 de abril, para completar as actividades do Día do Libro, pero como queriamos facelo ao aire libre e sempre estaba a chover  tivemos que ir pospoñéndoa.

Xa facía algún tempo que lle fixeran a visita na aula, para coñecerse e facerse a foto xuntos para o carnet. Asinaron os carnets e repasaron os compromisos. Mentres agardaban que chegase o día.

Así que por fin saíu o sol  e os padriños e madriñas , co seu conto na man,  que xa tiñan seleccionado e preparado,  esperaban ansiosos a sinal para ir ás aulas dos máis pequenos  e facerse cargo do seu afillado/a .

Collidos pola man baixaron cerimoniosamente as escaleiras e, xunto cos profes, dirixíronse ao lugar do patio grande que cada grupo tiña asignado..

O silencio reinaba na soleada mañá, e os case douscentos nenos e nenas, agrupados de dous en dous ou de tres en tres, semellaban fermosas frores de maio entre a herba. Soamente un leve murmurio de lecturas en voz baixa e os chíos dos paxariños  enchían o aire,

E  xa para rematar, de premio por tan bo comportamento lector, unha margarida de gominola para adozar esta fermosa mañá de primavera.

         Non vos perdades as fotos que contan moito máis que as palabras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario