O luns, 19 de maio, á volta do
recreo aos nenos e nenas de 1º de E. Primaria esperábaos unha gran sorpresa.
Raquel e Cristina, as monitoras de OQO editora, agardábanos na aula cunha mesa
chea de produtos de cociña e un conto xa coñecido para eles, MARUXA, que
recibimos xunto con outros de agasallo da editorial OQO.
Raquel comezou contando o conto: Maruxa decide dar unha lección ao seu marido.
Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome
consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie
de actitude. Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das
máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións,
desde orquestras sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock..
A cuestión era que non había pan e Pepiño tiña fame, entón pensamos que
ingredientes son necesarios para facer pan: Fariña, auga, sal e fermento. Así
que mans á obra, Cristina comezou a preparar a masa, repartiu cachiños entre todos e
cun pouco mais de fariña seguimos amasando ata que quedou mais dura.
Raquel amosounos unha ilustración
orixinal da ilustradora do libro, Mafalda Milhões.
Os
persoaxes estaban feitos de masa de pan, así que, xa coas mans na masa, nos tamén fixemos os
nosos persoaxes coas nosas propias mans e seguindo as indicacións das monitoras
en todo momento. Para rematar pintámolas con temperas de cores e quedaron
chulísimos!
Non vos perdades as fotos coa música da canción polaca que inspirou este album.!
Graciñas a Raquel e Cristina, a
OQO editora e ao Concello de Vigo por este obradoiro tan estupendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario