martes, 6 de mayo de 2014

FESTA DE PUPI

O día 30 de abril tivemos unha gran sorpresa na Biblioteca!
Un misterioso personaxe citóunos aos compañeiros de Infantil e Primeiro ciclo na Biblioteca. 
Cando chegamos non había ninguén!
Ao pouco sentimos uns extraños golpes na porta e..... SORPRESA!!! Alí estaba él, un peluche xigante de cor azul.
Quén será? preguntábanse os nenos e nenas de Infantil atemorizados.
Pero os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de primaria abrazáronno rápidamente porque xa o coñecían ben. ERA PUPI!!!Un amigo extraterrestre que ven do planeta Azulete e ten moitas aventuras que eles xa tiñan lido  nos seus libros.
Qué ben o pasamos!! contounos moitas cousas e ensinounos unha canción e un baile moi divertidos; ata nos fixo un agasallo a cada un :un pupiabrazo!!
Foi unha festa estupenda.
Grazas Pupi pola túa visita!! Volve axiña e gracias a editorial S.M por enviarte ao noso colexio.
Se queredes ver as fotos e aprender o baile de Pupi , premede abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario