viernes, 16 de mayo de 2014

VISITA DE ANTONIO FRAGA


O día 14 de maio recibimos na BiblioRía ao autor do libro
 " O castiñeiro de abril" que o alumnado do 5º e 6º de E. Primaria  estivo a ler neste curso.
Antonio Fraga Allegue naceu en Pontedeume en 1976, estudiou enxeñeira técnica industrial en Ferrol. En 2006 mudouse a Coruña e despois a Teruel, ata que en 2010 foi traballar a Rumanía, na construción dun parque eólico. 
Xa de volta da emigración, comezou a escribir.
Gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 con esta obra.
Os nenos e nenas estaban desexando saber unha chea de cousas acerca do libro e do autor.
A súa curiosidade quedou satisfeita coas respostas de Antonio.
Contounos que se dedica a escribir en serio dende fai máis ou menos tres anos, que sempre lle gustou escribir contos ou relatos, que xa no colexio escribía contos para a revista e aos 15 anos presentouse a un conscurso que, aínda que non gañou, quedou de 2º.
Díxonos tamén que o motivo polo que se decidíu a escribir outra vez foi cando se enterou de que ía ser tío, de este xeito, escribíu un conto dedicado a súa sobriña que titulou "Xildas".
Despois empezou a pensar en escribir outro conto e un día ía pola rúa chea de tendas e atopouse cun home que vendía castañas, era como si estivese transportado no tempo, xa que a máquina das castañas e a súa indumentaria parecían doutra época. Foi pensando nos distintos personaxes e combinado seres reais con distintos problemas e ata discapacidades e seres máxicos ou fantásticos.
Así os nenos foron descubrindo que había detrás  de cada personaxe do libro: Baltasar, o zapateriro , as tías de Baltasar, o pai e o ser misterioso
  O castañeiro de Abril.
Despedímonos, pedíndolle que siga escribindo outras historias tan interesantes coma ésta.
Grazas Antonio por satisfacer deste xeito a nosa curiosidade e estimular o noso desexo de ler e escribir.
Premede no enlace de abaixo se queredes ver as fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario