sábado, 17 de mayo de 2014

I QUEDADA LITERARIA

                       FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
               Onte, 15 de maio, os nenos e nenas de E. Infantil de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º de E. Primaria, en representación do  noso colexio, tivemos a sorte de participar na I QUEDADA LITERARIA, xunto con outros coles de Vigo e bisbarra: Carrasqueira, O Chouzo, Frián-Teis, O Pombal, Santa Mariña de Redondela, IES do Castro e o IES Pino Manso de Porriño, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  que esta dedicado a XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO,  podemos ver un resumo da súa biografía no cartel de abaixo.

 
Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.

Todo foi transcurrindo segundo o programa establecido, así os nosos nenos e nenas de 1º compartiron lectura con 4º do CEIP Santa Mariña de Redondela, os de 2º co 2º de Frián-Teis.

Mentres tanto os nenos e nenas de 4 e 5 anos disfrutaron dunha estupenda sesión de contacontos que prepararon para eles dous grupos de alumnos/as do IES O Castro. Aos de 4 anos contáronlle “A que sabe a Lúa?”, e aos de 5 “A galiña roxa”. Temos que agradecer a minuciosidade da preparación dos contos e a sensibilidade que mostraron cara os nosos pequenos.
A xuntanza final, para o Acto de Clausura, estivo presentada e animada pola actriz Uxía Blanco, e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
Nos participamos con Poemas de Arte, cada curso saíu a recitar o seu poema segundo  estaba previsto no programa, así:
-          E. Infantil de 4 anos recitou “A Habitación de Arlés (van Gogh)”
-          E. Infantil de 5 anos: “Os Xirasoles de Van Gogh”
-          1º de E. Primaria: varios poemas sobre “As meninas de Velázquez”
-          2º de Primaria: “Velázquez  e as Meninas”.



Contamos coa presencia do Sr. Alcalde, e outros representantes do Concello, como Marta, do Departamento de Normalización Lingüística, que quedaron encantados coa experiencia, tanto que xa quedamos citados para a mesma data do 2015.

Non podemos esquecer agradecerlle a Antonio Fernández, responsable da Biblioteca do CIFP Manuel Antonio, que se encargou da organización e que cada ano organiza xuntanzas de responsables de Bibliotecas Escolares de Vigo e bisbarra, onde xurdiu esta iniciativa, que pouco a pouco se foi fraguando para converterse nesta fermosa realidade.

Grazas, tamén, a todos os coles pola súa implicación e colaboración, así como a Marta, cola súa colaboración dende o Departamento de Normalización Lingüística do Concello.
Contamos tamén coa presenza de Protección Civil e distintos medios de comunicación.

Así que o vindeiro domingo, 25 de maio, sairá unha reportaxe no suplemento do xornal Atlántico.
O remate final da quedada tiñamos previsto cantar todos xuntos, a modo de himno, a canción " ESA LUS", que o alumnado do IES DIAZ CASTRO dedicou ao seu poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, feita de retazos de poemas do seu libro " NIMBOS". Como non deu tempo, aquí vos deixamos o enlace da canción, que servirános tamén como música de fondo no reportaxe gráfico.





Aquí vos deixamos coa noticia do acto que se puido ver onte, no telexornal de tve ás 14:00 horas da tarde, no minuto 11 e, como non podía ser doutra maneira,  co reportaxe gráfico desta xornada, no que  semellábamos unha "marea azul", coas camisetas tan bonitas do noso colexio.




  CELEBRAMOS CON LEDICIA E POESÍA ESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario