Dende a Concellería de
Educación, de Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, na súa cuarta
edición de QONTARTE, concedéronnos tres obradoiros gastronómicos-literarios e
de plástica creativas, para promover entre os nenos e nenas o coñecemento de
distintos países europeos a través dos
seus contos tradicionais e das súas manifestacións gastronómicas. Esta campaña titúlase:
“ COCIÑA DE CONTOS. EUROPA Á CARTA” .
As monitoras da editorial
OQO, Raquel e Cristina, son as encargadas de impartirnos os seguintes obradoiros:
-
Para 6º de E. Infantil: “CONTOS A
PEDIR DE BOCA” (19-05-2014 ás 10:20 h.)
-
Para 1º de E. Primaria: “COAS
MANS NA MASA” (19-05-2014 ás 12:30 h.)
-
Para 4º de E. Primaria: “EUROPA Á
CARTA” (02-06-2014 ás 12:30 h.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario