viernes, 21 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO
( 2º e  3º CICLOS)

Hoxe, mércores  día 20 as 12:45, tivo lugar a
FESTA DE FIN DE CURSO de 2º e 3º ciclos de E. Primaria.
Como sempre as familias estiveron convidadas a asistir como público.
No primeiro lugar, actuaron os nenos/as de 4º curso, coa obra de teatro titulada " A Formiga coxa".
Despois os alumnos/as de 5º fixeron un número acrobático ( acrosport) impresionante.
A continuación actuaron os nenos/as de 3º  cantando a canción
 " Tintín e as momias namoradizas".
Os nenos/as de 4º curso que teñen relixión fixeron por parellas unha recopilación de refráns sobre a amizade.
Aproveitamos esta ocasión tan estupenda para felicitar a Xián, Lara e María polo  premio de creación literaria que recibiron.
Despois volveron a actuar os alumnos/as de 5º , interpretando unha melodía en conxunto instrumental.
Cos alumnos/as  de 4º curso mergullámonos no mundo da maxia, cunha orixinal representación en teatro de sombras.
Para rematar, os nenos/as de 6º  foron os protagonistas. Interpretaron a canción " Mar e arte"e recibiron os seus correspondentes diplomas de graduación polo seu titor Suso. Ó mesmo tempo, entregaron un diploma de agradecemento ó  Equipo Directivo polos 9 anos que levaron algúns/as neste colexio.
 Foi unha ceremonia moi emotiva!!
Botarémosvos moito de menos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario