XA ESTAMOS DE VOLTA!
Ola a todos e todas!
Xa estamos de volta un curso máis no noso blogue de BiblioRía.
Dentro de pocos días, celebraremos o
"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e abriremos a nosa Biblioteca a un proxecto novo.
De momento, conformarémonos coa carta que Gaspar envíou a todas as aulas proporcionándonos pistas sobre o tema que traballaremos neste curso.
Espero que xa estedes
todos de volta. Cantos desexos teño de vervos!
Estou a piques de
chegar ao cole, aínda que xa sei que remataron as vacacións.
Cantas novidades teño que vos contar e ensinar. . .
Pasei o verán
viaxando. Como sempre! E como ás veces son un pouco despistado, sen saber
como, vinme metido nun tremendo
labirinto de canales e canto mais nadaba menos atopaba a saída. Foi un
verdadeiro pesadelo!
Pero como di o
refrán; “Non hai mal que por ben non veña”, así que unha noite me encontrei nun lugar marabilloso e enorme, tan silencioso pola
noite como a vosa BiblioRía, pero moitísimo mais grande, con moitas escaleiras,
moitas salas e teitos de cristal!
Estaba tan canso
que adormecín. Pensei que estaba nun
barco que me ía traer ao cole Ría de Vigo, pero cando o sol entrou polos teitos
acristalados e polas altísimas vidreiras de cores quedei pampo co que alí había . . . Corrín como tolo dunha
sala a outra e cada cal era mellor ca
anterior!
Noooon! Non era un
tesouro! Aínda que ao mellor tamén se lle pode chamar así.
Aquelas marabillas que colgaban daquelas
altísimas paredes fixéronme pensar que seguía soñando, pero . . . de súpeto, uns fortísimos e amables gardas de
seguridade leváronme ate o mar onde atopei o camiño de retorno.
Agardade por min, que
chego axiña, pero mentres tanto ide PENSANDO: onde estaría eu? Que me podería asombrar
tanto?
Se sodes quen de
adiviñalo daredes coa pista do tema que imos ter este curso na BiblioRía, jaja
Outra cousiña!
Querédesme facer un favor? Trátase de
decorar estes cinco recadros de
cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos corredores.
E
nada máis por hoxe. Vémonos prontiño!
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario