Onte, martes 22 de outubro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfrutamos dunha actividade sobre o conto "O Cullarapo Croque", grazas á visita á escola de Miguel, un mestre contacontos moi divertido (preme no seu nome para coñecelo un pouco máis).
Ao longo da actividade, puidemos descobrir os poemas que integran o libro e que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado.

Todos os presentes escoitamos con atención a Miguel, así coma participamos nas actividades e xogos que nos propoñía. Ao rematar a sesión, puidemos debuxar nunha folla unha das personaxes do conto que máis nos gustou e agasallar ao noso contacontos cunha morea de debuxos sobre o libro.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog http://elvuelodelasmariposas.com/)
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog http://elvuelodelasmariposas.com/)
Por último, compartimos tamén este vídeo cos versos do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario