Os nenos/as de 5º de primaria expuseron aos nenos/as de 3ºcurso as súas investigacións sobre a cidade de Sydney e o país de Australia.
No primeiro lugar faláronnos sobre o libro que lles tocou ler " Vuelo 714 para Sydney", nomearon os seus personaxes, faláronnos do autor e fixéronnos un resumo do libro.
Despois contáronnos moitas curiosidades sobre Australia e mostráronnos moitas fotos.
Os nenos/ as de 3º curso que xa tiñan preparadas moitas preguntas e xa investigaran sobre Australia, amosáronse moi interesados.
O que máis lles sorprendeu foi a cantidade de canguros que viven neste país.
Despedíronse os nenos/as de 3º curso con ganas de investigar moitas máis cousas sobre esta cidade tan cosmopolita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario