lunes, 3 de junio de 2013

Visita de Francisco Castro

Hoxe visitou a BiblioRía o escritor e editor FRANCISCO CASTRO que naceu o 8 de outubro de 1966 en Vigo.

Presentóuse con moita simpatía e foi quen de atraer a atención dos nenos/as.

Contounos moitas cousas da súa vida e profesión, como que empezou a escribir aos 22 anos e que o que máis lle gusta é ler, por iso encántalle a súa faceta como editor, que lle brinda a posibilidade de ler o que escriben os demais.

Contounos que o libro que leron os nenos/as de 5º e 6º cursos, titulado "CHAMÁDEME SIMBAD" foi o que máis éxito tivo. Escribíuno coa intención de sensibilizar ó mundo coa enfermidade de Alzheimer que padece a súa nai, e de explicar esta enfermidade á xente xoven.

Despois de facenos pasar a todos/as un ratiño tan agradable, asinou no noso "Libro de Bitácora".

Por último, entregámoslle como agasallo un marcapáxinas artesanal.

Gracias Francisco! Encantóunos a túa visita.

 Esperamos que volvas pronto á BiblioRía.

Blogue de Francisco Castro:


No hay comentarios:

Publicar un comentario