lunes, 27 de febrero de 2012

HOXE VISITOUNOS O ILUSTRADOR E
ESCRITOR JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe, día 27 de febreiro do 2012 o ilustrador Jacobo Fernández Serrano visitounos na BiblioRía, por cortesía da Editorial Xerais.
Jacobo naceu en Vigo no ano 1971. No ano 1989 marchou a Madrid a estudiar Belas Artes. Cando rematou, voltou a Vigo e dende aquela traballa debuxando, escribindo e pintando. Como ilustrador adícase fundamentalemnte á Literatura infantil e xuvenil.

No colexio estanse a ler dous libros deste escritor. Os nenos do 2º curso leron o libro titulado " A pedra e as Formigas" escrito por él , e os nenos do 3º B están lendo o libro escrito por Teresa González e ilustrado por Jacobo, titulado " A filla do ladrón de bicicletas".










Os nenos fixéronlle moitas preguntas persoais e profesionais, como por exemplo:
¿Cánsaste de escribir e de debuxar?, ¿ Gústanche os deportes?¿ Debuxaches algunha vez dinosaurios?,¿ Costouche facer o debuxo da xirafa? ¿ Cánto tempo empregas en facer un libro de debuxos?, ¿Gústache ler?. Jacobo contestou a todas as preguntas con moita paciencia.
Contounos e ensinounos o proceso de elaboración dun conto sobre o circo titulado " A gardería de dona Biselmina". Falounos dos comics e explicounos
 que é unha "mesa de luz", de  xeito que todos os nenos entenderon
que era como calcar un debuxo na ventá. Tamén nos dixo que fixera as ilustracións dun
diccionario de galego, da editorial Xerais, de cor laranxa, moi coñecido por todos nós.




Todos os nenos  tiñan feitos uns debuxos preciosos dos libros correspondentes, que lle ensinaron a Jacobo.




Despois dunha velada tan agradable, despediuse deixando un debuxo na pizarra da BiblioRía,  asinando libros ós nenos e asinando tamén no "Caderno de Bitácora".
¡Ata a próxima Jacobo!







No hay comentarios:

Publicar un comentario