24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O venres, día 24 de febreiro, fixémoslle unha homenaxe a nosa poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO dende a BiblioRía, en coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística.
Na BiblioRía, Tintín, Milú e máis Gaspar estiveron á procura dun poema axeitado para recitar ese día e, finalmente, elixiron o poema " PRA A HABANA" , xa que trata dunha viaxe que un mozo ía facer, e como este ano estamos a coñecer tantos países e facer tantas viaxes coas aventuras de Tintín, pensaron que a nós tamén nos gustaría. Este poema pertence ó libro " Follas Novas". Por certo, neste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación doutro dos seus libros titulado " Cantares gallegos", o día 17 de maio.
Cada curso recitou unha estrofa, comenzando polos nenos/as de Educación Infantil de 3 anos e rematando polos nenos/as de 6º curso de Primaria.
Despois os nenos/as do 4º curso prepararon o poema " ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES", co acompañamento musical feito polos propios alumnos/as e dirixido polo profesor de música do colexio.
Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.
Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.
Se queredes ver as fotos, premede no enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario