martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DA ROSALÍA

Onte luns, 24 de febreiro  celebramos, un ano máis, o cumpreanos da nosa poetisa por excelencia: 
ROSALÍA DE CASTRO.
Hai moitas cousas na nosa terra  que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores , os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas.
Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparamos o equipo de BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo..
Deste xeito Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano " Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, propuxemos ás distintas aulas  que preparasen un poemiña  para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro " ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Empezaron os nenos/as de E. Infantil co poema " Has de centar", para continuar co poema " Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria. Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema " Alborada" e , por último,  participaron os nenos/as de 5º e 6º co poema " Miña  santiña , miña santasa.


ROSAS PARA ROSALÍA
Para representar o poema cada curso escribíu unha estrofa do seu poema nos pétalos dunha rosa que cada quen ofreceu a Rosalía.
Ademais contamos coa visita, para os alumnos de 2º e 3º ciclos, do escritor Pedro Feijoo, antiguo alumno deste centro e tío de Nayra, alumna de terceiro curso.
 Pedro  está investigando sobre a vida de Rosalía e a súa obra: de este xeito, presentounos unha imaxe distinta de Rosalía da que todos coñecemos; ademais de ser unha persoa  triste e chea de morriña, era unha persoa alegre , firme, vengativa e misteriosa.
Asemade algúns nenos saíron  voluntariamente a ler  uns poemas de Rosalía que presentaban esa imaxe distinta da que nos estaba a falar Pedro.
Moitas grazas Pedro pola túa visita!

CUMPREANOS DE ROSALÍA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario