Hoxe, venres, día 28 de febreiro, celebramos no colexio o entroido.
Este ano, como xa sabedes o proxecto que se está a desenvolver titúlase " "LENDO CON ARTE".
Deste xeito, cada clase disfrazouse do tema que levan traballando neste curso, relacionado co arte.
Os nenos/as de 3 anos co seu disfraz fixeron unha
"Noche estrellada " de Van Gogh
Os rapaces/as de 4 anos disfrazáronse de pintores.
Os nenos/as de 5 anos representaron o cadro de
" Los Girasoles" de van Gogh.
Os nenos/as do 1º e 2º curso foron disfrazados de
" Las Meninas" e de Velazquez.
Os alumnos/as de 3º e 4º curso fixeron un autorretrato.
Os nenos/as de 5º curso foron de personaxes de cadros de Picasso.
E, por último, os nenos/as de 6º curso cos seus traxes e vestidos parecían saídos dun cadro de Monet.
Despois do desfile cada curso acudíu a súa clase para degustar os doces típicos do entroido, traídos polas familias.
Por último, como é habitual, colocouse o Meco no patio, que neste curso foi un marco baleiro. Reflexionamos moito e, como non atopamos indicios de culpabilidade e temos moitos cadros que enmarcar, pensamos que o imos ter que indultar; de este xeito, serviranos para ir expoñendo cada semana os cadros que se van realizando nas aulas.
Comezado o entroido no colexio imos continualo na rúa.
Pasádeo moi ben!!
Comezado o entroido no colexio imos continualo na rúa.
Pasádeo moi ben!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario