miércoles, 18 de enero de 2017

NO 4º CURSO ESTÁN TRABALLANDO MOITO A MURALLA CHINA

Os nenos e nenas de 4º curso estiveron vendo fotos preciosas de China. Apreciaron a muralla, as vistas dende ela, os cultivos... Ademais puideron apreciar o contraste entre entidades de poboación ricas e pobres, entre a montaña e o mar, o frío das montañas e o deserto. Qué vista nos ofrece a muralla!
Tamén unha amiga da profe fai pouco visitou China. Gustoulle moito o Palacio imperial, participou empurrando os carriños que transportan á xente, pero sobre todo a muralla. 
Sara Sanromán falounos das Marabillas do mundo a través das viaxes do seu avó.
Grazas a intervención de Iam e Roque soubemos sobre a exposición dos guerreiros de terracota ademais de todo o que nos mostraron da muralla. 
Aquí tedes as fotos e o vídeo de Sara contando cousas das viaxes do seu avó.





No hay comentarios:

Publicar un comentario