Hoxe, 23 de abril, celebramos O DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial.
A actividade dividiuse en dúas partes:
Unha para falar da importancia da lectura e disfrutar cun vídeo que nos transportou a un lugar máxico e cunha poesía que nos lembrou cousas que podemos atopar na lectura.
Noutra parte falouse do libro " El Quijote". Recitaron algúns parágrafos e lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra; sobre todo unha das que máis teñen que ver coa lectura:
" El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho".
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido:
"A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e colocándose no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños e madriñas aos afillados e afilladas e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
Dende o equipo de Biblioteca agasallamos aos nenos/as cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!