lunes, 26 de octubre de 2015

INAUGURACIÓN DUN NOVO CURSO NA BIBLIORÍA

 

Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", que foi o sábado 24.  Fixémolo, como sempre, coa apertura da biblioteca.
Dende as 9:30 ata as 13:45 os nenos e nenas foron baixando á biblioRía por cursos.
Primeiro tocoulles aos nenos/as de Infantil; despois aos de 1º e 2º e antes do recreo aos de 3º e 4º. 
Despois do recreo acudiron a biblioteca os alumnos e alumnas de 5º e 6º. 
O acto dividiuse en dúas partes:
 Na primeira, Gaspar apareceu nadando na pantalla dixital e lembrounos as normas da biblioRía. 
A segunda parte centrouse no proxecto que imos desenvolver este curso. Gaspar preguntou sobre o encargo que nos fixo fai uns días de mirar as cariñas que están nos corredores e colocalas ben. Fomos mirando na pizarra as cariñas e comprobamos que todos os nenos e nenas traballaron moito porque  recoñeceron as emocións de todas as caras.
Coa actividade das cariñas, todos os nenos/as descubriron cal vai ser o tema do proxecto deste curso: AS EMOCIÓNS, co  lema 
" EMOCIÓNATE COA LECTURA" .
Despois os nenos/as de infantil, 1º e 2º cursos miraron un vídeo de emocións moi bonito, sobre o conto " El monstruo de colores". Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º miraron outro vídeo con varias emocións presentes en distintos personaxes de debuxos animados e películas.
A última hora baixou o neno ou nena de cada curso  que levará a mochila viaxeira este xoves. Os afortunados/as en levala primeiro serán: Alba de 3 anos, Samuel de 4 anos, Isaac de 5 anos, Zoe de 1º curso, Hugo de 2º, Brián de 3º, Uxía de 4º, Fran de 5º e Antonio de 6º.
E, para rematar, despedímonos cun agasallo de gominola para cada neno/a e un agasallo tamén para os mestres/as.
Disfrutamos dunha xornada moi especial e moi emotiva.
Non vos perdades a seguinte entrada no blogue porque aparecerán os encargados de biblioteca, que comezan o seu traballo nos recreos.
Aquí tedes os vídeos e a reportaxe gráfica.


INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA on PhotoPeach

domingo, 18 de octubre de 2015

GASPAR INFORMA

 Ola a todos e todas !!
Empezamos un novo curso cheo de sorpresas, actividades, visitas...etc na nosa biblioteca.
A primeira sorpresa foi a chegada de Gaspar  ás aulas cunha carta moi interesante. 

Os nenos e nenas apresuráronse a facer a actividade que lles pedíu Gaspar! Acompañados polo seu titor/a estiveron polos corredores observando as cariñas  e colocándoas correctamente.
Qué actividade máis complicada!!!! sobre todo para os nenos/as de Infantil, mais souperon facela todos/as moi, moi ben.
Xa tedes moitas pistas para adiviñar o tema deste curso!
De todos os xeitos, o día 26 farase un acto de reapertura da bibliteca e desvelarase o misterio sobre o tema que imos traballar durante todo o curso.
 Non vos perdades a reportaxe gráfica desta actividade de motivación!