As persoas invidentes poderán ler a MAFALDA en Braille. Mirade a noticia.
miércoles, 28 de diciembre de 2016
martes, 27 de diciembre de 2016
LECTURAS PARA ESTE CURSO
Dende
a BiblioRía, como todos os anos por estas datas, os titores/as fixeron
unha selección de dous libros, uno en galego e outro en castelán.
Falamos con diversas editoriais, e ofreceron sesións de animación á lectura
(encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros
recomendados.
Pareceunos
unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido
de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.
Empezaremos
a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal,
Grazas aos pais e nais pola colaboración!
viernes, 16 de diciembre de 2016
O PORCHE VESTIUSE DUN NADAL MARABILLOSO
As marabillas do mundo apareceron no porche do colexio no NADAL, para ser a base de todas as festas que celebremos ao longo do curso.
jueves, 15 de diciembre de 2016
CADA NENO/A SELOU O SEU PASAPORTE PARA SEGUIR VIAXANDO
Ao principio de curso fixemos un pasaporte para que todos os nenos/as puideran viaxar por todos os países onde estaban situadas as marabillas.
Unha vez cuberto cos datos persoais, cada neno tivo que debuxar a marabilla e pasar polo obradoiro de selado da biblioteca para poñerlle o selo correspondente ao país traballado. En Infantil fixemos uns pasaportes máis grandes para que os cativos tivesen maís espazo para traballar.
Mirade as fotos!
UNHA FAMILIA DO COLEXIO VISITOU PETRA
Os pais de Sabela, de 4º curso e Antía de 6º, visitaron a cidade de Petra.
Sabela trouxo moitas fotos á aula para compartilas con todos e todas os compañeiros/as.
Nós, fixemos unha selección das que nos parecereon máis bonitas!
Mirádeas!
Mirádeas!
lunes, 5 de diciembre de 2016
Aplicación "as sete marabillas"
Sabedes que Gaspar tamén navega por internet?
Pois navegando, atopou unha aplicación relacionada co noso proxecto. Sí, chámase "las siete maravillas" donde poderemos ver os sete monumentos en realidade aumentada.
Deixovos un enlace donde explica como descargala.
Os nenos de 3ºA xa estiveron probando a aplicación. Mirade que ben o pasaron.
Pois navegando, atopou unha aplicación relacionada co noso proxecto. Sí, chámase "las siete maravillas" donde poderemos ver os sete monumentos en realidade aumentada.
Deixovos un enlace donde explica como descargala.
Os nenos de 3ºA xa estiveron probando a aplicación. Mirade que ben o pasaron.
viernes, 2 de diciembre de 2016
PETRA, en Jordania. Outra Marabilla
A 2ª Marabilla que imos estudar e investigar é PETRA, en JORDANIA. Aquí temos outro video moi interesante que nos conta a historia desta cidade oculta no deserto.
ESCOITADE
ESCOITADE
Sabías que película foi rodada nesta cidade? Pois sí, "Indiana Jones y la última cruzada". Mirade que sucedeu durante a rodaxe.
"
CARTA DE GASPAR DE DECEMBRO
Xa temos nova carta de Gaspar para o mes de decembro. Temos que adiviñar cal é a marabilla deste mes.Mirade as pistas
POIS SÍ, É a cidade de PETRA en Jordania
jueves, 1 de diciembre de 2016
OS ALUMNOS/AS DE 5º CURSO CONSTRUÍRON VARIOS COLISEOS
Os nenos e nenas de 5º curso, coa axuda do seu mestre, fixeron un coliseo impresionante con cartón, silicona e tesoiras.
Foi moi grande a motivación de todos/a, aproveitando as horas do recreo para a súa construción.
Na casa tamén fixeron varios coliseos, por grupos. Mirade as fotos!!
viernes, 18 de noviembre de 2016
HOMENAXE A GLORIA FUERTES
Hoxe, venres 18 de novembro, na librería LIBROS PARA SOÑAR en Vigo ,a partires das 18:30, haberá un taller de animación á lectura sobre Gloria Fuertes co motivo da publicación "Poemas de la Oca Loca".
lunes, 14 de noviembre de 2016
OS NENOS E NENAS DE 4º CURSO ESTÁN INVESTIGANDO SOBRE O COLISEO ROMANO
Os nenos e nenas de 4º curso investigaron moito sobre a marabilla que estamos a traballar este mes : O COLISEO ROMANO.
Como algúns foron alí, trouxeron aportacións á aula. Roque e sabela trouxeron figuriñas, fotros e documentación que mostraron na aula.
Todos/as na aula recibiron a información con moito interese. Roque acompañou a exposición cun escudo feito por el noutra ocasión no cole, querendo explicar como era o escudo romano.
Falaron un pouco das semellanzas cun xugo galego. Sofía trouxo un vestido de muller da vida cotiá romana e tamén falou de Lidia, unha muller destacada na vida social romana.
Mirade as fotos!!
viernes, 11 de noviembre de 2016
MAIS FONDOS NA NOSA BIBLIOTECA
miércoles, 9 de noviembre de 2016
FIXEMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS
A semana do 25 de outubro, antes de facer o préstamo de libros aos nenos/as, fixemos a formación de usuarios.
Esta formación ten como finalidade ensinar a empregar a biblioteca e os seus recursos informativos, formativos e de ocio, tanto para os alumnos/as como para os mestres/as co obxectivo de que podan obter o máximo proveito da información e podan facer consustas de xeito autónomo.
Estamos listos para acudir a biblioteca nos recreos e na hora do préstamo!!
Mirade as fotos!
Estamos listos para acudir a biblioteca nos recreos e na hora do préstamo!!
Mirade as fotos!
jueves, 3 de noviembre de 2016
Corto do Coliseum
Gaspar atopou este corto protagonizado por CANTINFLAS, un famoso cómico mexicano dos anos 70 que nos conta como era o Coliseum.
Mirade que divertido!
https://www.youtube.com/watch?v=Ug-pGjKBaWQ
https://www.youtube.com/watch?v=Ug-pGjKBaWQ
miércoles, 2 de noviembre de 2016
VIAXE VIRTUAL
Navegando por internet, o equipo da biblioteca atopou un enlace chamado Panoramas.dk que nos ensina as 7 maravillas do mundo cunha panorámica espectacular de 360º, que inclue o Coliseo en Roma, a Gran Muraia de China, Petra en Jordania, o Taj Mahal na India, Machu Picchu en Peru, Christ Redeemer en Rio, e Chichén Itzá en Méjico.
Preme no enlace e disfrutarás un montón.
http://www.panoramas.dk/7-wonders/colosseum.html
martes, 1 de noviembre de 2016
Bibliografía sobre o MEDO
Xa que estamos no tempo do SAMAÍN, o alumnado de 6º de E. Primaria fixo unha recopilación de contos sobre o MEDO.
PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.
PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.
sábado, 29 de octubre de 2016
MOCHILAS VIAXEIRAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)