miércoles, 22 de junio de 2016

DESPEDIMOS O CURSO


DENDE A BIBLIORÍA DESEXÁMOSVOS FELICES VACACIÓNS CON MOITA EMOCIÓN!
 O PRÓXIMO CURSO CHEGARÁ GASPAR CON MOITAS SORPRESAS!!! ESTADE ATENTOS.

sábado, 18 de junio de 2016

DESPEDIDA DOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O venres, 17 de xuño, na última sesión do día, fixemos a despedida dos nenos e nenas de 6º curso, axudantes de biblioteca.
A coordinadora agradeceulles a súa dedicación durante todo o curso nos recreos e a gran labor que fixeron contando contos aos máis pequenos do colexio.
Entregámoslles un diploma personalizado, o seu distintivo como axudantes, un agasallo de gominolas de corazón e un libriño donado polas bibliotecas escolares para as súas anotacións.
Só queda desexarlles boa sorte na nova etapa que comezan e felicitalos pola súa andaina neste colexio e nesta biblioteca!!
Aquí tedes as fotos!

VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ PARA 5º E 6º CURSOS

Hoxe, día 17, o escritor Xavier estévez visitou a biblioRía para falarnos do seu libro cheo de emocións titulado: " O corazón da maxia" que estiveron a ler os nenos/as de 6º curso. Os de 6º curso foron contar onte aos de 5º o argumento do libro para poder asistir á visita.
Xavier explicounos como comezou a escribir e contounos moitas cousas do libro. Quedou abraiado do que traballaron os nenos/as sobre o libro: fixeron un libro grande con debuxos, un traballo de gramática relacionado co libro..etc.

Asinou os tres libros que tiñamos xa na biblioteca deste autor e escribíu unha dedicatoria moi bonita no noso "Libro de Bitácora". Por ultimo, a modo de agradecemento, lle entregamos un agasallo de gominolas de Gaspar e  corazóns, por ser este un ano cheo de emocións. 
Mirade as fotos! 


jueves, 16 de junio de 2016

MERCADIÑO LECTOR

Esta semana, do 13 ao 16 de xuño, celebramos a actividade do
 " Mercadiño lector".
 A actividade consistíu en CAMBIAR LIBROS POR LECTURAS.
 No tempo do "proxecto lector", ao carón da biblioteca,  cada neno/a entregou o seu PASAPORTE LECTOR, que foi cubrindo ao longo do curso cos libros que collía en préstamo da biblioteca,  á responsable da biblioteca para poñerlle o selo de Gaspar, deste xeito cada un/a podía coller un dos libros da mesa como agasallo por ser un gran lector/a e por ter a responsabilidade de cubrir e conservar o Pasaporte.
Mirade as fotos!

lunes, 13 de junio de 2016

OS NENOS E NENAS DE 6º CURSO CONTARON CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS

Os nenos e nenas de 6º curso, axudantes de biblioteca, prepararon no segundo trimestre do curso, nos recreos, un conto para contarlles aos nenos/as de 3,4,5 anos e 1º curso.

Os grupos fixéronse en función dos días que lles tocaba no recreo ser axudantes de biblioteca.
A maioría dos grupos funcionaron ben. Puxéronse de acordo para contar un conto e prepararon os personaxes con marionetas e caretas  feitas por eles.
A semana do 30 de maio ao 3 de xuño foron espectadores os nenos/as de 3 e 4 anos e a semana de 6 de xuño ao 10 os alumnos de 4 anos e 1º curso.
 Foi todo un éxito!!
Mirade as fotos!

 

jueves, 2 de junio de 2016

ULTIMO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

O días 24, 26 e 27 tivo lugar on ultimo obradoiro de emocións no colexio. Ensinaron aos nenos/as técnicas para a
 resolución de conflictos: pasivo, agresivo e asertivo e facilitaron aos mestres/as información para continuar traballando na mesma liña.
Mirade as fotos!
 OBRADOIRO DE EMOCIÓNS on PhotoPeach