viernes, 18 de noviembre de 2016

lunes, 14 de noviembre de 2016

OS NENOS E NENAS DE 4º CURSO ESTÁN INVESTIGANDO SOBRE O COLISEO ROMANO

Os nenos e nenas de 4º curso investigaron moito sobre a marabilla que estamos a traballar este mes : O COLISEO ROMANO.
Como algúns foron alí, trouxeron aportacións á aula. Roque e sabela trouxeron figuriñas, fotros e documentación que mostraron na aula.
Todos/as na aula recibiron a información con moito interese. Roque acompañou a exposición cun escudo feito por el noutra ocasión no cole, querendo explicar como era o escudo romano.
Falaron un pouco das semellanzas cun xugo galego. Sofía trouxo un vestido de muller da vida cotiá romana e tamén falou de Lidia, unha muller destacada na vida social romana.
Mirade as fotos!! 




viernes, 11 de noviembre de 2016

MAIS FONDOS NA NOSA BIBLIOTECA

Xa temos libros novos na nosa biblioteca. Mirade os títulos:
MANUAL DE BULLYNG


El lugar mas bonito del mundo


¡No quiero ir!


Tamén hai libros para as familias que poden vir a facer o préstamo




DISFRUTADE COA LECTURA!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

FIXEMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS

A semana do 25 de outubro, antes de facer o préstamo de libros aos nenos/as, fixemos a formación de usuarios.
Esta formación ten como finalidade ensinar a empregar a biblioteca e os seus recursos informativos, formativos e de ocio, tanto para os alumnos/as como para os mestres/as co obxectivo de que podan obter o máximo proveito da información e podan facer consustas de xeito autónomo. 
Estamos listos para  acudir a biblioteca nos recreos e na hora do préstamo!!
Mirade as fotos!








jueves, 3 de noviembre de 2016

Corto do Coliseum

Gaspar atopou este corto protagonizado por CANTINFLAS, un famoso cómico mexicano dos anos 70 que nos conta como era o Coliseum. 

Mirade que divertido!



https://www.youtube.com/watch?v=Ug-pGjKBaWQ

miércoles, 2 de noviembre de 2016

VIAXE VIRTUAL


Navegando por internet, o equipo da biblioteca atopou un enlace chamado  Panoramas.dk  que nos ensina as   7 maravillas do mundo cunha panorámica espectacular de 360º, que inclue o Coliseo en Roma, a Gran Muraia de China, Petra en Jordania, o Taj Mahal na India, Machu Picchu en Peru, Christ Redeemer en Rio, e Chichén Itzá en Méjico.

Preme no enlace e disfrutarás un montón.
http://www.panoramas.dk/7-wonders/colosseum.html




martes, 1 de noviembre de 2016

Bibliografía sobre o MEDO

Xa que estamos no tempo do SAMAÍN, o alumnado de 6º de E. Primaria fixo unha recopilación de contos sobre o MEDO
PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.