miércoles, 28 de diciembre de 2016

martes, 27 de diciembre de 2016

LECTURAS PARA ESTE CURSO

Dende a BiblioRía, como todos os anos por estas datas, os titores/as fixeron unha selección de dous libros, uno en galego e outro en castelán.
Falamos con diversas editoriais, e ofreceron sesións de animación á lectura (encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros recomendados.

 Pareceunos unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.
Empezaremos a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal,
Grazas  aos pais e nais pola colaboración!


viernes, 16 de diciembre de 2016

O PORCHE VESTIUSE DUN NADAL MARABILLOSO

As marabillas do mundo apareceron no porche do colexio no NADAL, para ser a base de todas as festas que celebremos ao longo do curso.
Mirade que bonitas quedaron!!






jueves, 15 de diciembre de 2016

CADA NENO/A SELOU O SEU PASAPORTE PARA SEGUIR VIAXANDO

Ao principio de curso fixemos un pasaporte para que todos os nenos/as puideran viaxar por todos os países onde estaban situadas as marabillas.
Unha vez cuberto cos datos persoais, cada neno tivo que debuxar a marabilla e pasar polo obradoiro de selado da biblioteca para poñerlle o selo correspondente ao país traballado.  En Infantil fixemos uns pasaportes máis grandes para que os cativos tivesen maís espazo para traballar.
Mirade as fotos!
                                     

UNHA FAMILIA DO COLEXIO VISITOU PETRA


Os pais de Sabela, de 4º curso e Antía de 6º, visitaron a cidade de  Petra. 
Sabela trouxo moitas fotos á aula para compartilas con todos e todas os compañeiros/as. 
Nós, fixemos unha selección das que nos parecereon máis bonitas!
Mirádeas!


lunes, 5 de diciembre de 2016

Aplicación "as sete marabillas"

Sabedes que Gaspar tamén navega por internet?
 Pois navegando, atopou unha aplicación relacionada co noso proxecto. Sí, chámase "las siete maravillas" donde poderemos ver os sete monumentos en realidade aumentada.
Deixovos un enlace donde explica como descargala.
 LAS SIETE MARAVILLAS

 Os nenos de 3ºA xa estiveron probando a aplicación. Mirade que ben o pasaron.




viernes, 2 de diciembre de 2016

PETRA, en Jordania. Outra Marabilla

A 2ª Marabilla que imos estudar e investigar é PETRA, en JORDANIA. Aquí temos outro video moi interesante que nos conta a historia desta cidade oculta no deserto. 
ESCOITADE



 PETRA, JORDANIA


Sabías que película foi rodada nesta cidade? Pois sí, "Indiana Jones y la última cruzada". Mirade que sucedeu durante a rodaxe.
"



CARTA DE GASPAR DE DECEMBRO

Xa temos nova carta de Gaspar para o mes de decembro. Temos que adiviñar cal é a marabilla deste mes.Mirade as pistas


POIS SÍ, É a cidade de PETRA en Jordania


 PETRA, JORDANIA

 CIUDAD ROSADA, PETRA


jueves, 1 de diciembre de 2016

OS ALUMNOS/AS DE 5º CURSO CONSTRUÍRON VARIOS COLISEOS

 Os nenos e nenas de 5º curso, coa axuda do seu mestre, fixeron un coliseo impresionante con cartón, silicona e tesoiras.
Foi moi grande a motivación de todos/a,  aproveitando as horas do recreo para a súa construción.

Na casa tamén  fixeron varios coliseos, por grupos. Mirade as fotos!!