O mércores, día 22 de marzo, tivemos a visita da poetisa Loliña Chamadoira , para facer un obradoiro de poesía cos nenos e nenas de 4º curso.
Loliña recitounos versos do seu libro de poemas e animou aos nenos e nenas a que os recitaran con ela. Despois escribíu no encerado dixital un dos seus poemas para explicarlles como fixera ela a rima.
A continuación invitounos a crear o seu poema e foi parándose con cada neno/a para axudarlles.
Por último, asinou no noso libro de bitácora e agasallámoslle cun marcapáxinas de Gaspar.
Moitas grazas Loliña! Esperamos que volvas pronto.
Gaspar mandou unha carta na que pedía aos nenos e nenas que fixeran unha poesía relacionada cunha das marabillas.
Cada curso elaborou unha poesía preciosa que recitou no ximnasio para todos os nenos e nenas do colexio. No primeiro lugar púxose un vídeo precioso, feito por un mestre do colexio, no que varios nenos e nenas dicían o que pensaban sobre a poesía.
Despois comezou o recital no que cada curso foi subindo ao esceneario a recitar a súa poesía.
Por ultimo, fixemos unha homenaxe a Gloria fuertes, polo centenario do seu nacemento. Visionaron tres vídeos curtos : un sobre a súa vida , outro no que se recitaba unha poesía moi coñecida por todos " En mi cara redondita", e outro con Gloria fuertes de protagonista, coa súa voz peculiar, recitando un dos seus poemas" El gato garabato". Na biblioteca fixemos un recuncho dedicado a esta escritora, con libros dela e poemas en forma de marcapáxinas, para que cada neno ou nena poda coller un, lelo, colorealo e levalo para a súa casa.
Podedes ver as fotos, e todos os vídeos presentados facendo clic nos enlaces.
O xoves, día 16 de marzo, o escritor David Hernández Chambers visitou a nosa Biblioteca, por cortesía da Editorial Edelvives.
Os nenos e nenas de 6º curso leron un dos seus libros titulado " El secreto de Énola".
O escritor púxolles aos nenos e nenas uns enigmas no encerado dixital, relacionados co argumento do libro.
Estiveron moi atentos e fixéronlle moitas preguntas. Despois David asinou os libros e tamén escribíu no " Libro de Bitácora" da Biblioteca. Por último, despedímonos agasallándolle cun marcapáxinas de Gaspar feito polo Equipo de BiblioRía.
Moitas grazas David! esperamos o teu novo libro, que xa nos anticipaches o argumento.
O 16 e 17 de marzo tiveron lugar os encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares do curso 2016-2017 ao que asistíu a cooordinadora do equipo de Biblioteca.
Destacar o obradoiro de poesía de Antonio García Teijeiro.
O día 8 de marzo celebramos no colexio O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Como nos propuxo Gaspar, na súa carta, cada curso elexíu a unha muller que destacara por algo no país onde están as marabillas.
Unha nena de 5º curso fixo un resumo do porqué se celebra este día, que puxemos ao carón dos murais presentados nos corredoiros, ao lado da biblioteca. Mirade as fotos!! Bo traballo!
Xa estamos empezando a traballar a conmemoración do 8 de marzo, o día da MULLER TRABALLADORA.
E este ano, temos que escoller una muller que destaque nos países onde están cada MARABILLA, é dicir:en China, en Italia, na India,en Méjico, en Perú, en Brasil e en Jordania.
As mulleres elexidas son: CHINA: Tu Youyou ITALIA: Hipatia de Alejandría INDIA: Indira Gandhi MÉJICO: Frida Kahlo PERÚ: Elena Moyano BRASIL: Zilda Arns JORDANIA: Asma Khader
En breve, ensinaremos os traballos feitos polos alumnos
Hoxe Gaspar enviounos unha carta coas actividades previstas para o mes de marzo. Botade un ollo:
Logo, o primeiro que temos que facer é buscar para o día da muller traballora, unha muller que destaca por algunha actividade no seu país. É dicir, unha muller de China, da India, de Italia, de México, de Brasil e de Jordania.