viernes, 25 de diciembre de 2020

CARTAS DE GASPAR 1º TRIMESTRE

Trala inauguración da BiblioRía comezamos a investigar sobre a temática do PDI deste curso, cuxo lema é "Sentidiño no Camiño". Para acadar as nosas pesquisas sobre o Camiño de Santiago contamos coa axuda privilexiada de Gaspar! Durante este trimestre enviounos dúas cartas as aulas, que nos leron os bibliotequeir@s, motivando as nosas investigacións

Aquí vos deixamos as cartas de Gaspar e algún dos nosos traballos do trimestre.




Nenos/as de 4º na procura de información pola biblioría:

Continuamos...

jueves, 26 de noviembre de 2020

NON A VIOLENCIA

Onte, como cada 25 de novembro, celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero", e no colexio non quixemos deixar pasar un día tan sinalado sen facer fincapé na importancia da concienciación e sensibilización do noso alumnado ante tal problema, dando visibilidade aos distintos tipos de violencia que sofren milleiros de mulleres de todo o mundo. O rexeitamento de dita situación foi plasmada polo noso alumnado de primaria a través dunha serie de carteis de elaboración propia que pegaron nos chanzos das escadas do colexio.




 

O alumnado de 6º de Educación Infantil tamén quixo participar na visibilización a través das súas gafas violetas contra a violencia de xénero!



  
E na entrada ao colexio recíbenos un gran cartel para reflexionar, cun texto elaborado por unha exalumna.




miércoles, 18 de noviembre de 2020

BIBLIOTEQUEIROS

Como cada curso, o alumnado de 6º de primaria pode optar voluntariamoente a un traballo non remunerado no colexio, que precisa de certa dispoñibilidade e desfrute, axudando e colaborando en diferentes tarefas na biblioría. 

Estes son os Bibliotequeir@s do curso 2020-2021!

Xa teñen preparadas as súas chapas e están listos para colaborar ;-)


 

sábado, 7 de noviembre de 2020

SENTIDIÑO NO CAMIÑO

Benvidos a BiblioRía!!!

 

A semana pasada demos a coñecer o noso proxecto integral de centro, "Sentidiño no Camiño", aquí vos deixamos un resumo da inauguración da BiblioRía que celebramos o luns 26, para que poidades ver o ben que o pasamos.

Podedes ver aquí a introdución ao novo proxecto que fixemos coa colaboración de Luís do Freixo.

Gustaríanos facer un especial apunte de agradecemento a:

  •  Luís do Freixo por compartir con nós a súa sabedoría e involucrarse gustosamente neste novo proxecto. (Podedes consultar aquí a súa páxina web http://www.caminador.es/)
  • Praxíteles González Martínez, autor da fermosa maqueta da Catedral de Santiago, que actualmente se atopa na BiblioRía grazas a súa cesión temporal., achegándonos así Compostela ao colexio.
  • Fernando, axudante da Parroquia de San Miguel que nos acompañou durante o día e nos explicou o funcionamento do botafumeiro.

lunes, 26 de octubre de 2020

NOVAS NORMAS NA BIBLIORÍA

        Inauguramos a BiblioRía!

Como xa sabedes, atopámonos ante un curso cheo de cambios para crear un entorno o máis seguro posible, e a biblioteca non está exenta destas pequenas pero importantes modificacións, por iso antes de facer uso da mesma, debemos coñecer unha serie de novas normas que estarán presentes nas entradas para poder consultalas sempre que precisemos. Son as seguintes:


Aquí nolas explican de marabilla os nosos Bibliotequeir@s

xunto coa organización da mesma.


 

Esperamos que vos guste!

 

 

 


sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

        Bo día das bibliotecas a tod@s!

  Hoxe, 24 de Outubro do 2020, conmemórase o día das bibliotecas.

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

  Se queres obter máis información pulsa aquí:


 

Durante este tempo estivemos traballando arreo na biblioteca para poder facela o máis segura posible, e xa temos todo preparado! Así que conmemorando o día das bibliotecas, a nosa BiblioRía comezará a funcionar o vindeiro luns 26, onde daremos a coñecer o novo proxecto integral de centro para este curso 2020-2021 da man dos Bibliotequeir@s de 6º de primaria.

Estade atentos para coñecer as novas normas de funcionamento e a temática do PDI!

Por unha biblioteca máis segura.

Saúdos de Gaspar! 




 

jueves, 20 de febrero de 2020

VISITA DE ROSA ANEIROS

O alumnado de 5ª e 6ª tivo a sorte de recibir a visita de Rosa Aneiros, autora entre otros de ," XELÍS, o guieiro das botellas no mar " libro que están a ler con moito entusiasmo.
Como sempre , Rosa asinou no libro de honra e como no, os libros de todos os nenos e nenas de 5º e 6º.
MOITAS GRAZAS!










Gañadores do concurso de banda deseñada

Despois dunhas duras e reñidas votacións,  os gañadores do concurso foron:





NORABOA!