viernes, 29 de enero de 2021

Camiño á Paz

Ao longo desta semana cada unha das aulas do centro decorou unha peza deste gran quebracabezas que conforma o noso propio camiño cara a paz, coroado coa lendaria frase de Gandhi.

 




 

Ademais, os nenos/as de 1º deleitáronnos con este fermoso recital sobre as apertas, do libro-CD "A nena e o grilo" de Maxín Branco, e cun poema de "cantarola dos nenos" de Xosé Neira Vilas, ambos recollidos no seguinte vídeo.


Bo día da Paz!

martes, 26 de enero de 2021

SEMANA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz, o equipo que formamos os traballadores do Ría querémosvos deixar unha mensaxe especial. 
Esperamos que vos guste!


Saúde, paz e amor para tod@s!
 
 

martes, 12 de enero de 2021

PRÉSTAMO LIBROS AS FAMILIAS

Familias, este curso, por mor do covid19 a vosa participación no centro viuse moi reducida, tendo en conta que a vosa asistencia á biblioteca non é posible decidimos crear un pequeno espazo para poder achegarvos o recuncho "lendo espero" ao que antes tiñades libre acceso. Para isto, temos un novo correo no que poderedes solicitar préstamos de libros para adultos, de momento, a listaxe non é moi ampla pero seguirá medrando segundo a vosa demanda. O novo correo para realizar préstamos de literatura para adultos é o seguinte:

prestamos.biblioria@gmail.com 

No código QR podedes ver o listado de libros que vos ofrecemos. O proceso é moi sinxelo, para solicitar algún libro, so tedes que enviar un correo electrónico a esta dirección na que sinaledes os seguintes datos:

ASUNTO:  Nome, primeiro apelido e curso do voso fillo/a. 

CORPO: Nome da persoa destinataria do libro + título do mesmo.

E os venres de cada semana farémosvos chegar os libros, podendo permanecer na vosa casa ata un máximo dun mes. O código QR permanecerá no lateral do blog para facilitar o acceso ao mesmo onde se irán incorporando as actualizacións do listado.

Esperamos esta nova ferramenta vos sexa de utilidade.

Animámosvos a participar. 

Non hai mellor forma de fomentar a lectura que sendo un bo exemplo.