Familias! moitas grazas por participar no concurso, colaborando na busca do emblema ideal para a nosa radio escolar!
Tralo primeiro cribado en aula, os elixidos foron os seguintes:
Tódalas propostas eran magníficas pero o alumnado xa deu o seu veredicto! Tras o reconto, o programa "Ondas do Ría" xa ten logo! O elixido pola comunidade educativa foi o número 12. Esperamos que vos guste!
Logo gañador
O creador do logo cos seus agasallos
A votación estivo moi axustada, así que tamén vos deixamos os semifinalistas, número 9 en 2º lugar máis votado e número 8 en 3º.
Aquí os tres premiados cos seus logos e agasallos.
Esta mañá tivemos o pracer de recibir no colexio a visita de Discamino, con Gerardo (precursor) e Pitillas (fundador) a cabeza, dando inicio a esta andadura, acompañados de 3 compoñentes máis do seu gran equipo, compartiron unha mañá moi agradábel co alumnado de 6º de primaria, na que puidemos coñecer as súas historias persoais, como naceu o proxecto, o seu traballo e o modo particular de vivir o Camiño coas persoas con discapacidades. Aprendizaxes imprescindibles tendo en conta o noso PDI deste curso, “Sentidiño no Camiño”. Ademais disto, tamén responderon a unha pequena entrevista que lles fixeron os reporteiros da radio escolar 📻 a través dun programa especial de “Ondas do Ría” que proximamente verá a luz e poderedes gozar.
Aos nosos lectores, recomendámosvos que sigades a súa páxina de facebook (DisCamino) onde mostran a fermosa labor que desempeñan (http://discamino.org/) e animámosvos a ver “El desorden de los sentidos” coprotagonizado por Gerardo.
Antes de finalizar, cabe destacar, que Javier Pitillas, o fundador de Discamino, actualmente opta ao Premio Princesa de Asturias da Concordia pola súa gran labor e traxectoria. Parabéns!
Hoxe tivemos un día moi intenso e cheo de sorpresas, no que o alumnado comezou o día recibindo recomendacións lectoras dos seus padriños e madriñas para conmemorar o día do libro. Este curso os apadriñamentos lectores tiveron que ser a distancia por mor da covid e fixémolos de xeito telemático, pero non por iso foron menos emocionantes. Os maiores fixéronlle aos pequenos (afillados) unha recomendación lectora e intercambiaron agasallos personalizados que fixeron chegar a través d@s titores/as.
Nesta semana do libro coroa a nosa biblioría un libro xigante que nos expón unha cuestión. Con el preténdese traballar a expresión escrita nos cativos manifestando que significa para cada quen a lectura.
Ao longo da semana irá pasando pola biblioteca todo o alumnado. Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns alumnos de educación infantil (5º e 6º) e de 1º de primaria deixando as súas impresións.
Cando finalicemos o rexistro das diferentes achegas ensinarémosvos o resultado a través do instagram da biblioteca "BiblioRía de Gaspar".