jueves, 19 de mayo de 2022

XOGO KAHOOT SOBRE JULES VERNE DE QUINTO PRIMARIA

 

DESAFÍO KAHOOT, PARTICIPA !!

Canto sabes de XULIO VERNE

Preme nesta ligazón e xoga a un divertidísimo KAHOOT sobre XULIO VERNE elaborado por Gabi e Uxía de quinto primaria, esperamos que o disfrutedes moito, tanto como elas ao facelo. Podes xogar ata o 15 de xuño, día no que veremos o "PODIO " cos tres finalistas que obtiveran a maior puntuación. 

https://kahoot.it/challenge/04356655?challenge-id=9afb1e30-fdc1-47c1-807d-ad572711697b_1652987115478



miércoles, 18 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O venres 13 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na escola cunha hora de patio cheo xogos e un TALLER DE CREACIÓN LITERARIA no CENTRO ARQUEOLÓXICO DA VILA ROMANA DE TORALLA, unha magnífica xuntanza co IES de Coruxo, e 5º e 6º curso do noso centro onde o noso alumnado compartiu pezas musicais interpretadas  coa poesía do homenaxeado FLORENCIO DELGADO de fondo e un taller de creación poética onde o alumnado agrupouse de tres en tres persoas de distinto curso, para crear entre eles poesías, cunha colección de 10  palabras que ofertou o responsable de patrimonio do Concello de Vigo que nos falou sobre as características e historia da Vila romana.

 







                                                      


MURAL CUARTO B  PRIMARIA



 

 

domingo, 1 de mayo de 2022

AS FAMILIAS NO DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO NAS FAMILIAS



Así colaboraron as familias no DÍA DO LIBRO 2022, creando estas portadas dos seus  libros favoritos coas fotos dos seus fillos/as como protagonistas , BO TRABALLO FAMILIAS, ESTUPENDAS CREACIÓNS…












 

DÍA DO LIBRO 2022



 DÍA DO LIBRO 2022


OBRADOIRO DÍA DO LIBRO.



Celebramos este día tan importante no noso día a día, cun divertido OBRADOIRO DE ACTIVIDADES no que todo o alumnado do centro percorreu por distintas aulas participando en actividades lúdicas e creativas, en total participaron en de.z talleres, nos que fixeron: 

MÍMICA

MENSAXES ENCRIPTADOS

BAILES

REALIDADE AUMENTADA E ROBÓTICA

BÚSQUEDA DO LIBRO INTRUSO

CONTACONTOS

PASAPALABRA

XOGO EN MOVEMENTO

CREACIÓN DE CONTOS VIAXEIROS

TODOS OS TALLERES SEGUIRON A TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO DE CENTRO,      “ UNHA VIAXE EXTRAORDINARIA” ,ADICADO A JULES VERNE..