jueves, 15 de septiembre de 2016

PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE LEDICIA COSTAS

O curso pasado, os nenos e nenas de 5º de E. Primaria, leron o libro de Ledicia Costas, "Escarlatina, a cociñeira defunta". Quedaron encantados!Este curso tamén o empezan a ler os nenos/as de 5º. Seguro que o disfrutarán!






Pois agora esta autora presenta a sua nova  novela "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta",que ademais foi Premio Lazarillo 2015. Sabedes cando? Pois o venres 16 de setembro a carón da estatua de Julio Verne que está na Avda. de Beiramar. Non faltedes.



http://www.atlantico.net/articulo/cultura/ledicia-costa-novela-viaje-julio-verne-vigo/20160914091737549332.html



BENVIDA á Comunidade educativa do Ceip Ría de Vigo

Xa estamos de volta neste novo curso. Estade atentos as vindeiras novas da nosa BiblioRía. 
Que estará facendo Gaspar? Seguro que está buscando unha chea de historias para contarnos viaxando polo mundo adiante. Xa estamos desexando que volva. 

miércoles, 22 de junio de 2016

DESPEDIMOS O CURSO


DENDE A BIBLIORÍA DESEXÁMOSVOS FELICES VACACIÓNS CON MOITA EMOCIÓN!
 O PRÓXIMO CURSO CHEGARÁ GASPAR CON MOITAS SORPRESAS!!! ESTADE ATENTOS.

sábado, 18 de junio de 2016

DESPEDIDA DOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O venres, 17 de xuño, na última sesión do día, fixemos a despedida dos nenos e nenas de 6º curso, axudantes de biblioteca.
A coordinadora agradeceulles a súa dedicación durante todo o curso nos recreos e a gran labor que fixeron contando contos aos máis pequenos do colexio.
Entregámoslles un diploma personalizado, o seu distintivo como axudantes, un agasallo de gominolas de corazón e un libriño donado polas bibliotecas escolares para as súas anotacións.
Só queda desexarlles boa sorte na nova etapa que comezan e felicitalos pola súa andaina neste colexio e nesta biblioteca!!
Aquí tedes as fotos!

VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ PARA 5º E 6º CURSOS

Hoxe, día 17, o escritor Xavier estévez visitou a biblioRía para falarnos do seu libro cheo de emocións titulado: " O corazón da maxia" que estiveron a ler os nenos/as de 6º curso. Os de 6º curso foron contar onte aos de 5º o argumento do libro para poder asistir á visita.
Xavier explicounos como comezou a escribir e contounos moitas cousas do libro. Quedou abraiado do que traballaron os nenos/as sobre o libro: fixeron un libro grande con debuxos, un traballo de gramática relacionado co libro..etc.

Asinou os tres libros que tiñamos xa na biblioteca deste autor e escribíu unha dedicatoria moi bonita no noso "Libro de Bitácora". Por ultimo, a modo de agradecemento, lle entregamos un agasallo de gominolas de Gaspar e  corazóns, por ser este un ano cheo de emocións. 
Mirade as fotos! 


jueves, 16 de junio de 2016

MERCADIÑO LECTOR

Esta semana, do 13 ao 16 de xuño, celebramos a actividade do
 " Mercadiño lector".
 A actividade consistíu en CAMBIAR LIBROS POR LECTURAS.
 No tempo do "proxecto lector", ao carón da biblioteca,  cada neno/a entregou o seu PASAPORTE LECTOR, que foi cubrindo ao longo do curso cos libros que collía en préstamo da biblioteca,  á responsable da biblioteca para poñerlle o selo de Gaspar, deste xeito cada un/a podía coller un dos libros da mesa como agasallo por ser un gran lector/a e por ter a responsabilidade de cubrir e conservar o Pasaporte.
Mirade as fotos!

lunes, 13 de junio de 2016

OS NENOS E NENAS DE 6º CURSO CONTARON CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS

Os nenos e nenas de 6º curso, axudantes de biblioteca, prepararon no segundo trimestre do curso, nos recreos, un conto para contarlles aos nenos/as de 3,4,5 anos e 1º curso.

Os grupos fixéronse en función dos días que lles tocaba no recreo ser axudantes de biblioteca.
A maioría dos grupos funcionaron ben. Puxéronse de acordo para contar un conto e prepararon os personaxes con marionetas e caretas  feitas por eles.
A semana do 30 de maio ao 3 de xuño foron espectadores os nenos/as de 3 e 4 anos e a semana de 6 de xuño ao 10 os alumnos de 4 anos e 1º curso.
 Foi todo un éxito!!
Mirade as fotos!

 

jueves, 2 de junio de 2016

ULTIMO OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

O días 24, 26 e 27 tivo lugar on ultimo obradoiro de emocións no colexio. Ensinaron aos nenos/as técnicas para a
 resolución de conflictos: pasivo, agresivo e asertivo e facilitaron aos mestres/as información para continuar traballando na mesma liña.
Mirade as fotos!
 OBRADOIRO DE EMOCIÓNS on PhotoPeach

martes, 24 de mayo de 2016

III QUEDADA LITERARIA

Onte, 23 de maio, celebramos a III Quedada Literaria.
Reunímonos no parque de Castrelos os colexios: Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán, O Pombal, Frian Teis, CPI Ribeira, A Doblada, Fleming, Eduardo Pondal e o noso colexio. Contamos tamén coa visita do IES República Oriental do Uruguay que participou contando contos aos máis cativos.
Do noso colexio acudiron a Quedada os nenos de 5 anos e os de 5º curso. Os máis cativos  xuntáronse cos nenos de  infantil do CPI Ribeira e fixeron pequenos grupos  para escoitar os contos que tiñan preparados os alumnos/as de 1º da ESO; ademais escoitaron en gran grupo á unha  "Contacontos" que lles contou unha historia preciosa sobre animais.
Os nenos/as de 5º curso compartiron lecturas cos nenos/as do colexio Emilia Pardo Bazán e o Fleming.
Despois da lectura e a merenda, escoitamos os contos de Bea e Davide, e as palabras de concelleira Uxía Blanco.
 Por ultimo, cantamos todos xuntos a canción de
 Migallas " O libro máxico".
Todo isto foi posible gracias á coordinación do Servizo De Normalización Lingüística do concello de Vigo,  de Antonio Fernández, profesor do IES Carlos Casares, da Biblioteca " Xosé Neira Vilas" e  dos mestres/as dos centros participantes.
Foi unha xornada moi bonita chea de lecturas emocionantes. 
Mirade as fotos! 

jueves, 19 de mayo de 2016

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ

Hoxe, xoves día 19, as 10:20, visitounos o escritor SILVESTRE GÓMEZ, por cortesía da editorial Anaya-Xerais.
Fixo a animación do libro " Ti non xogas", que leron os nenos e nenas de 3º curso.
Contounos cousas que queríamos saber sobre a súa vida e sobre o libro.
 Os nenos e nenas explicáronlle os traballos que fixeron sobre o tema.
Asinou todos os libros e asinou tamén no "libro de Bitácora" da biblioRía.
 Por último démoslle un pequeno agasallo da biblioteca.
Mirade as fotos!